Categorías: ActualidadeParlamento de GaliciaSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclama a Feijóo dende Cualedro “non escatimar esforzos” fronte ao lume: “Non podemos seguir cunha política forestal construída arredor da esperanza de que chova”

O secretario xeral recorda que a Xunta ten as competencias e demanda “unha política do medio rural que coide o territorio e unha política de prevención e de loita contra os incendios que evite situacións de risco”

Cualedro (Ourense), 18 de setembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe a parroquia de Carzoá, en Cualedro, unha das zonas afectadas polos últimos lumes de Ourense, dende onde requiriu a Feijóo “non escatimar esforzos” fronte aos incendios. “Non podemos seguir cunha política forestal construída arredor da esperanza de que chova”, advertiu.

“A  Xunta ten que defender o medio natural, o medio rural, e tomar todas as medidas de prevención e antiincendios que impidan que o lume chegue ata as casas”, incidiu o líder socialista, toda vez que o lume nesta zona tivo “efectos devastadores“. Precisamente por iso, acompañado de varios veciños, trasladoulles o seu apoio, especialmente a aqueles que perderon ou viron danadas as súas vivendas por mor dos incendios.

“Arderon unhas 10.000 hectáreas, moitas delas en zonas de interese natural moi importantes que quedaron totalmente queimadas e, o máis grave, o lume chegou tamén ata as casas”, recalcou Gonzalo Caballero, quen reclamou que o ocorrido sexa “unha chamada de atención“.

“Non nos podemos resignar a que a política da loita contra o lume sexa a política da choiva”, sinalou o máximo dirixente do PSdeG, consciente de que os cambios meteorolóxicos dos últimos días foron clave na extinción destes lumes. “A Xunta ten moitas competencias  e medios, e temos que dedicar todas as forzas para conseguir unha politica do medio rural que coide o territorio e unha política de prevención e de loita contra os incendios que evite situacións de tanto risco”, defendeu.

“Temos que facer unha política de medio rural que coide o territorio e acompañar nas súas necesidades ás familias que viven na Galicia do interior, nos pequenos concellos”, reivindicou Gonzalo Caballero, quen sinalou que para iso “son necesarios fondos”. “Non se pode outorgar ás familias a responsabilidade exclusiva de coidar o medio natural e o territorio, ou de manter as franxas en torno ás casas”, remachou, consciente da “ausencia de políticas forestais e rurais da Xunta de Galicia”.

Ao fío diso, recordou que existe un acordo para avanzar en política forestal, pero “o certo é que non se está cumprindo”. “Temos que estar á altura e traballar polo coidado do territorio natural”, indicou, e apelou a “buscar actividades económicas que permitan coidar o territorio e tamén para ter unha política antiincendios que alonxe o lume das casas e que coide a Galicia natural“. “Temos que facer disto unha cuestión de todos os galegos”, concluíu.

FALTA PREVENCIÓN

Pola súa banda, o secretario provincial do PSdeG en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, lamentou que o presidente da Xunta non visitara a zona tralos lumes que se veñen sucedendo ao longo de todo o verán.

“Cal é a política preventiva que ten o PP para facer fronte a esta lacra, a esta praga que temos? Certamente non vemos nada, non é ningunha máis que a improvisación”, reprobou.

“Ourense non pode ser noticia cada ano sempre que chega o calor”, sinalou, e instou a “mudar esta situación”. “Fai falta unha política forestal, porque non se pode abandonar a esta provincia”, finalizou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04