Categorías: ActualidadeNovasPortadaSanidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclama a Feijoo en Viveiro que “rectifique xa os recortes na sanidade pública” e “fortaleza a atención primaria”: “Se non o fai, terá que cesar ao conselleiro”

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, denuncia as “deficiencias” do centro de saúde da súa vila e insta á Xunta a “cubrir todas as prazas” e a “dispoñer medios suficientes para atender á veciñanza”

O secretario xeral require a Feijóo que “sente inmediatamente” coa hostalería para pactar axudas e aforos, xa que “non é o máis acertado” que “todas as medidas da desescalada vaian xudicializadas”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, estivo hoxe en Viveiro respaldando unha nova concentración en defensa da sanidade pública en compañía da alcaldesa, María Loureiro. “Feijóo ten que rectificar xa os recortes e fortalecer a atención primaria. Se non o fai, terá que cesar ao conselleiro”, subliñou.

En concreto, o líder do socialismo galego incidiu en que “estamos moi preocupados” pola situación da sanidade pública, na medida en que ata existen listas de espera en atención primaria “e non o podemos asumir como normal”.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero sinalou que “non se están cubrindo baixas, xubilacións ou vacacións” nos centros de saúde, o que fai que nalgunhas áreas sanitarias haxa que esperar ata 26 días. Todo iso, afondou, mesturado co sistema de atención telefónica “que o goberno do PP na Xunta instaurou como substitutivo” e que supón “un novo retroceso”.

“Necesitamos unha sanidade pública galega de primeira, e non máis recortes e ataques”, recalcou o dirixente socialista, acompañado tamén pola secretaria provincial do PSdeG en Lugo, Patricia Otero, e polo senador César Mogo.

Así o dixo logo de apuntar que hoxe os galegos e as galegas temos que agardar 18 días máis que antes da pandemia para entrar no quirófano e oito días máis para ir á consulta dun especialista, o que se suma ao feito de que “un de cada cinco galegos ou galegas agarda xa máis de catro días para ver ao seu médico ou médica de cabeceira”.

“A XENTE SOFRE AS CONSECUENCIAS”

Neste escenario, Gonzalo Caballero urxiu a Feijóo a “rectificar”, toda vez que “a xente sofre as consecuencias” do feito de que a Consellería de Sanidade leve meses “de chapuza en chapuza”.

Aludiu así á anulación de parte da lei de saúde polo Tribunal Constitucional, á saturación da web de citas do Sergas para vacinarse, á polémica polas doses recibidas que tivo que frear o propio conselleiro, á denuncia penal do colexio de médicos de Pontevedra á Xunta pola saturación da atención primaria e á decisión do TSXG de revertir a obligación imposta polo goberno galego á hostalería sobre o pasaporte covid.

Ao respecto, ante o recurso xudicial presentado por hostaleiros de Galicia contra as restricións decididas pola Xunta, Gonzalo Caballero requiriu a Feijóo que “sente inmediatamente cos representantes do sector” para darlles axudas ante as limitacións e para pactar os aforos. “Que todas as medidas da desescalada vaian xudicializadas non é o máis acertado”, concluíu.

ALCALDESA DE VIVEIRO

Pola súa banda, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, subliñou as “deficiencias” do centro de saúde da súa vila, cunha “falta de medios” que se viu agravada coa pandemia.

“Pedimos que se cubran as prazas e que se dispoñan medios suficientes para atender aos veciños e ás veciñas”, remarcou a rexedora, quen denunciou situacións “lamentables” de doentes aos que nin se lles colle o teléfono no ambulatorio ou que “botan horas agardando” na consulta porque o seu médico ou médica ten “ata 90 ou 100 pacientes por día”.

“O que queremos é que a Xunta atenda a sanidade pública de Viveiro e de toda A Mariña”, recalcou María Loureiro.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23