Categorías: Actualidade

A alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel, incorpórase á Executiva do PSdeG

A alcaldesa de Forcarei, Verónica Pichel, incorpórase á dirección do PSdeG como secretaria executiva a proposta do secretario xeral, Gonzalo Caballero.

Verónica Pichel é a primeira socialista que logrou a alcaldía en Forcarei, polo que se trata dunha alcaldesa de referencia para todo o PSdeG.

Ao respecto, Gonzalo Caballero subliñou que “Verónica Pichel é unha persoa con grande proxección no partido”, polo que amosou a súa “satisfacción” por poder contar con ela para seguir fortalecendo o proxecto socialista. “É un exemplo de muller nova comprometida co seu municipio”, resaltou.

Ademais, Verónica Pichel formará parte do grupo de coordinadores da ponencia marco que se elaborará de cara ao congreso do PSdeG, como coñecedora do medio rural e na súa condición de experta en turismo.

Ante a súa entrada na dirección do PSdeG, a rexedora de Forcarei agradeceu a “confianza” do secretario xeral e comprometeuse a súa “dedicación á hora de traballar polo proxecto socialista”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27