Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero propón á Xunta “un gran pacto por unha Galicia plenamente dixital” aproveitando os fondos europeos para mellorar as redes no rural: “Non podemos ter unha Galicia de dous niveis”

O secretario xeral require á Xunta “compromiso coa Baña” co reforzo da pediatría e a mellora da AC-546 e o alcalde subliña que o goberno galego “ten que investir e colaborar” cos concellos pequenos

A Baña, 9 de febreiro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde da Baña, José Antonio Pereira, para abordar as necesidades do concello do interior coruñés e poñer en valor “a magnífica tarefa” que está levando a cabo. Por iso, chamou á Xunta a “comprometerse” con esta vila atendendo ás cuestións pendentes, como a necesidade de contar cun pediatra “a pleno funcionamento” ou de mellorar a estrada AC-546, a que conecta a contorna da Baña con Santiago e a Costa da Morte.

En paralelo, o líder dos socialistas galegos subliñou a importancia da “dixitalización” de Galicia, fundamentalmente no eido rural, e por ese motivo propuxo á Xunta “un gran pacto por unha Galicia plenamente dixital e de futuro” nun contexto no que boa parte do territorio non ten acceso nin a redes de 30 megas. “Necesitamos fondos e compromisos cribles, porque a fenda dixital non é asumible”, recalcou, consciente de que seguimos “á cola de España” neste ámbito.

De feito, apuntou que as catro provincias galegas figuran entre os cinco territorios de España onde hai “máis dificultades de conexión” e destacou a importancia das redes ultrarrápidas nun momento no que se fai necesario teletraballar ou seguir os estudios de xeito telemático. “A crise da covid amosa a necesidade da dixitalización de Galicia”, subliñou Gonzalo Caballero, ao tempo que puxo o foco en que o rural conta con “conexións desastrosas ou, ás veces, inexistentes”.

Fronte ao “déficit de xestión e de compromiso” que a Xunta ten amosado neste eido, o voceiro do PSdeG no Parlamento incidiu en que “cada galego ou galega, independentemente de onde viva, ten dereito a ter unha conexión a internet en condicións”. Por iso, chamou a “facer desta crise unha oportunidade para ter unha Galicia de futuro e innovadora” utilizando os fondos europeos para mellorar as redes nos pequenos concellos, facilitando así o mantemento da poboación e a xeración de actividade económica. “Non podemos ter unha Galicia a dous niveis”, concluíu.

“A XUNTA TEN QUE COMPROMETERSE”

Pola súa banda, o alcalde da Baña, José Antonio Pereira, agradeceu a visita do secretario xeral do PSdeG e aproveitou para sinalar que a Xunta “ten que comprometerse” cos pequenos concellos para darlle “futuro” e evitar a súa “desaparición”.

“A Xunta ten que investir e colaborar, dando solucións a problemas que dependen dela, como o relativo ao servizo de pediatría, as telecomunicacións ou certas infraestruturas”, recalcou o rexedor da Baña, consciente da importancia que teñen estes servizos para poder aumentar en poboación.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32