Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero preguntaralle a Feijóo polas “medidas insuficientes” fronte á crise do coronavirus nos 100 primeiros días de Lexislatura

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, centrará a sesión de control ao presidente da Xunta do próximo Pleno do Parlamento no balance da súa xestión nos 100 primeiros días da Lexislatura, sinaladamente na falla de medidas para facer fronte á crise económica e social derivada da pandemia. Caballero contrastará a insuficiencia das medidas do goberno co despregue de propaganda do Executivo.

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, foi o encargado de dar conta dos asuntos que se incluirán na próxima sesión parlamentaria logo da reunión da Xunta de Portavoces que se celebrou hoxe na Cámara autonómica.

O responsable socialista sinalou a falla de solucións por parte do goberno galego ás necesidades de hostaleiros, autónomos e o conxunto dos sectores sociais e económicos de Galicia, e a escaseza de axudas, en contraste con outras Comunidades Autónomas, como o caso de Murcia, onde coa metade de poboación e locais mobilizan máis do dobre de recursos.

Arangüena anunciou ademais unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta a reversión da titularidade e da xestión pública íntegra do Hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo. Esta proposta inclúe ademais a petición dun informe que clarifique as porcentaxes de participación das diversas sociedades na titularidade do Hospital logo da venta do 43 por cento do centro a un fondo de inversión francés.

O Grupo Socialista presentará ademais unha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno galego que poña en marcha un protocolo de actuación específico para os casos de positivos en covid – 19 entre as tripulacións dos barcos que cheguen aos portos galegos.

Cambio climático

Pablo Arangüena anunciou ademais unha moción para reclamarlle ao goberno galego que declare a emerxencia climática en Galicia máis dun ano despois de recibir o mandato do Parlamento de Galicia no último Debate do Estado da Autonomía. Cualificou de “inaudito” que o goberno galego aínda non teña feito esta declaración obrigada a proposta do propio PPdeG, e que sitúa a Galicia como unha das poucas comunidades autónomas do Estado que aínda non deron o paso.

O responsable socialista instou ao goberno galego a “deixar a liña de ecobranqueo e postureo medioambiental” e abandone a liña que o converteu “nun dos gobernos máis depredadores dos recursos medioambientais”.

O Grupo Socialista tamén presentará unha interpelación para pedirlle á Xunta que “democratice a enerxía eólica” e garanta unhas condicións xustas nas negociacións entre promotores e propietarios dos terreos que terán lugar nos próximos 10 anos nos que a Xunta triplicará a potencia eólica de Galicia. Reivindicou unha transición enerxética “máis xusta pola vía da democratización” da enerxía eólica, que cualificou de “petróleo de Galicia”.

Centro de menores

O Grupo socialista presentará ademais unha pregunta oral sobre as situacións de violencia detectadas no centro de menores Santo Anxo de Rábade, derivadas da “falla de recursos e atención por parte da Xunta de Galicia”. Finalmente, preguntaranlle ao goberno galego sobre a “posible modificación” do uso da parcela da estación de autobuses do Pino –Ourense- para construír nela unha residencia pública de maiores.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08