Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero preguntaralle a Feijóo pola escaseza de medidas para protexer ás mulleres durante a pandemia

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, anunciou hoxe que a sesión de control do Pleno do Parlamento da próxima semana incluirá unha pregunta do líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, sobre a escaseza de medidas para protexer ás mulleres durante a pandemia. Arangüena foi o encargado de dar conta dos asuntos tratados logo da Xunta de Portavoces celebrada hoxe no Parlamento.

O responsable socialista explicou que Caballero dedicará a súa pregunta á situación das mulleres no contexto da pandemia nunha sesión que coincidirá coa celebración, o 25 de novembro, do Día Internacional contra a Violencia de xénero. Alertou de que “de non adoptarse medidas, a crise derivada da pandemia está a facer retroceder as políticas de integración e igualdade laboral e social das mulleres galegas”.

Arangüena presentou as iniciativas que os socialistas galegos presentarán no Pleno da próxima semana, e que incluirán unha pregunta oral sobre “os datos preocupantes de informes e estudos sobre a violencia de xénero en Galicia” durante a crise provocada pola covid.

O próximo Pleno do Parlamento comezará por unha moción para reclamarlle ao goberno galego que precise o número real de rastrexadores que hai nestes momentos en Galicia. Advertiu o desconcerto que está a provocar o presidente da Xunta, que pasou de anunciar 6.152 rastrexadores en precampaña electoral, a pasar a apenas 700 na súa última comparecencia.

O responsable socialista sinalou que tan só constan 180 rastrexadores habilitados polo exército, ademais de entre 50 e 100 traballadores subcontratados na Central de Seguimento de Contactos. Reclamou “transparencia” para coñecer os recursos do goberno galego para loitar contra a covid, e puntualizou que “non sabemos onde están os entre 300 e 400 que faltan” ata chegar á última cifra ofrecida polo presidente da Xunta.

O Grupo Socialista presentará ademais unha moción para reclamarlle ao goberno galego que cambie os protocolos de actuación nas residencias de maiores que se enfronten á chegada do coronavirus, e lamentou o intento do Grupo Popular de “transformar a Comisión de Reactivación nunha Comisión de Botafumeiro”.

Pablo Arangüena cualificou “lamentable” o “nivel de conivencia e compadreo” amosado polo PP coa “amiga de Feijóo e multimillonaria conselleira delegada de DomusVi” na súa comparecencia da semana pasada, cando “veu contarnos 20 trolas por minuto”. Citou así as declaracións do responsable da Federación de Asociacións de Familiares e Usuarios de Residencias de Galicia, Paulino Campos.

Recuperación low cost

Os socialistas galegos presentarán ademais unha interpelación sobre a “recuperación low cost” que defende Feijóo coa súa falla de resposta diante da crise económica ocasionada pola pandemia do coronvirus, evidenciando que “quere que a paguen outros”. Arangüena contrastou a “aposta social moi forte” do goberno central mantendo os ERTE ou as axudas a autónomos, mentres “en Galicia fallan axudas aos autónomos, e a hostalería e o sector cultural non aguantan máis”.

Tamén presentarán unha pregunta oral sobre a falla de información aos concellos por parte do goberno galego para “poder negociar con garantías cos promotores eólicos” fronte á inminente expansión eólica de Galicia. Ademais, levarán ao Pleno do Parlamento unha pregunta oral sobre o proxecto da Deputación de Ourense de ampliar a estrada de acceso a San Pedro de Rocas –Esgos-, e o perigo que supón para a declaración da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade.

O Pleno da próxima semana comezará con dúas proposicións non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que poña en marcha un plan de choque de emprego xuvenil e un novo plan de I+D+i, así como a falla de execución do Plan Galicia Innova 2020.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08