Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero pon en valor a Carta Magna: “Fronte aos riscos que implican os extremismos, a Constitución ten a capacidade de impulsar un país mellor”

Urxe a construír unha democracia “máis plena, capaz e perfecta profundizando na calidade e no respecto democrático” e coa “prioridade” de “seguir avanzando en dereitos e liberdades para todos e todas”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiu hoxe ao acto institucional de conmemoración do XLIII aniversario da Constitución Española, organizado pola Subdelegación do Goberno de Pontevedra, onde reivindicou a vixencia da Carta Magna. “Fronte aos riscos que implican os extremismos, ten a capacidade de impulsar un país mellor”, sentenciou.

“A Constitución Española é o equilibrio que permitiu que neste país avanzásemos en dereitos e liberdades para as persoas”, destacou o dirixente socialista ao tempo que urxiu a facer unha democracia “máis plena, capaz e perfecta profundando na calidade e no respecto democrático”.

Neste sentido, incidiu en que “temos que ter unha mentalidade construtiva para seguir avanzando en liberdades, dereitos, igualdade, benestar e prosperidade” e tendo en conta que “o marco constitucional permitiu a España o período máis longo de democracia, a configuración do estado das autonomías e do estado do benestar”.

Agora, “cando hai posicións extremistas que poñen en risco o avanzado”, destacou, “a prioridade é seguir avanzando en dereitos e liberdades para todos e todas, e facéndoo no marco da tolerancia e no respecto”.

Por iso, destacou, “temos que poñer en valor un documento moi importante” que malia ter “imperfeccións”, permite que España viva nunha “democracia de calidade” e “que funciona”. Por iso, sinalou que “máis alá de que poida ser perfeccionado, este texto sirve como punto base do contrato social que permite construír un país en dereitos, liberdades e tolerancia”.

REFORMA CONSTITUCIONAL

Preguntado polo debate sobre a reforma da Constitución, Gonzalo Caballero sinalou que o texto “ten moita capacidade para seguir impulsando a prosperidade en España, pero hai aspectos que poden ser obxecto de mellora e perfeccionamento”. Así, incidiu, “hai que poñer en valor a Constitución e facelo con mentalidade aberta para que, cando se dean as circunstancias, a través dos mecanismos constitucionais, se poida adaptar e mellorar o texto”

Malia isto, lembrou que, agora mesmo, “non se dan as condicións de aritmética parlamentaria nas Cámaras para poder abordar, neste momento, unha reforma do texto que poida ter un apoio cualificado e suficiente de acordo ás maiorías que require, tanto no Congreso como no Senado e tamén se houbese que levalo a referendo plebiscitario”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23