Categorías: Actualidade

Begoña R. Rumbo cualifica os orzamentos da Xunta como unha “oportunidade perdida” e avoga por un texto que “debera pensar na Galicia actual” e coa “mirada posta no futuro”

Defende 72 emendas do Grupo Socialista ao articulado dos orzamentos da Xunta de 2022 das que 70 son rexeitadas polo PP malia que “axudarían a mellorar a transparencia, mellorarían as condicións laborais dos traballadores públicos ou o financiamento máis xusto para todos os concellos”

A voceira de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, defendeu, no debate do ditame ao proxecto de lei de orzamentos da Xunta para 2022, as 72 emendas ao articulado presentadas polo PSdeG das que 70 foron rexeitadas polo PP e tan só 2 foron transaccionadas.

No marco da Comisión de Orzamentos celebrada hoxe no Parlamento, a dirixente socialista reclamou “maior transparencia” na xestión do goberno da Xunta e avogou por uns orzamentos que “deberan pensar na Galicia actual, nos seus problemas e nas súas necesidades presentes, cunha mirada posta no futuro, a curto prazo para atender o máis inmediato e a longo prazo para poñer as bases do cambio económico e social do futuro que tanto precisamos”.

Neste sentido, Rodríguez Rumbo lamentou que os orzamentos do goberno galego para o próximo curso sexan novamente “unha oportunidade perdida” na que o goberno de Feijóo “volve empregar os mesmos programas con incremento de contías sen axustarse ás novas necesidades xurdidas e sen reverter os recortes nos servizos públicos nos 12 anos de goberno de Feijóo”.

Ao fío disto, lamentou que as contas públicas galegas continúen “sen apostar decididamente polo impulso industrial e empresarial” e tampouco consigan traballar nunha “transformación para acadar unha Galicia máis vertebrada social e territorialmente, máis verde e máis feminista”.

Pola contra, a responsable socialista reivindicou que as partidas orzamentarias que medran como emprego, vivenda, dependencia ou loita contra a violencia machista “son grazas ás transferencias finalistas que veñen do goberno do Estado”.

Neste marco, Rodríguez Rumbo defendeu os cambios no articulado de orzamentos propostos polo Grupo Socialista que foron rexeitados polo PP, xa que estes “axudarían a mellorar a transparencia, mellorarían as condicións laborais dos traballadores públicos ou o financiamento máis xusto para todos os concellos”.

MELLORAR A TRANSPARENCIA E BO GOBERNO

Entre as emendas rexeitadas, o PSdeG urxía establecer para os beneficios fiscais “tanto os obxectivos que se perseguen como os indicadores de cumprimento” co fin de elaborar anualmente un estudo sobre os “efectos” destes mecanismos nas políticas económicas e sociais ás que van destinadas.

Ademais, pedía que o importe máximo das transferencias de crédito que se autoricen para cada consellaría durante este exercicio non diminúan as consignacións iniciais ao nivel de vinculación legalmente establecido ou que os contratos de colaboración público-privada deixen de empregarse para investimentos no ámbito dos servizos públicos básicos, “particularmente para a construción, explotación, mantemento ou xestión de centros sanitarios, educativos ou sociais”.

FINANCIAMENTO LOCAL

En canto ao financiamento local, Rodríguez Rumbo denunciou o “infrafinanciamento” dos concellos galegos por parte da Xunta que, á vista do que ocorre, “non fai absolutamente nada para que se mude esta situación”.

Por iso, a dirixente socialista urxiu ao goberno galego a incrementar o Fondo de Cooperación Local, xa que “non se incrementou nin un euro en 12 anos” de goberno de Feijóo.

Por último, instou á Xunta a que aborde, no primeiro trimestre de 2022, a aprobación dun proxecto de lei de financiamento local acordado coa Fegamp para clarificar as competencias municipais e o seu funcionamento, así como o reparto dos fondos de forma obxectiva e transparente entre os diferentes concellos de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23