Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero: “No PSdeG temos iniciado un tempo novo, con novos referentes e coa incorporación doutra xeración, co reto de convencer á sociedade de que Galicia precisa un cambio”

O secretario xeral do PSdeG advirte contra a “recentralización” como resposta ante as eivas do Estado das Autonomías e aboga por que o autogoberno sirva para “mellorar a calidade de vida dos cidadáns de forma solidaria e leal”

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, protagonizou hoxe un almorzo informativo organizado por Nueva Economía Fórum, un escenario dende o cal amosou a súa “preocupación” pola situación que atravesa Galicia e apelou a traballar para reverter esta situación.

Nesa tarefa, o líder dos socialistas galegos explicou que o PSdeG ten iniciado “un tempo novo” da man de “novos referentes” e coa incorporación dunha nova xeración, que é a súa, co “reto” por diante de “convencer á sociedade galega de que Galicia precisa un cambio”.

Como “loitador polo que cre”, considerando a súa traxectoria como afiliado de base, incidiu na idea de que o “socialismo reformista” que el encabeza ten a misión de “catalizar a modernización de Galicia”.

Pola súa banda, Gonzalo Caballero garantiu todo o seu traballo e esforzo nesa liña e mantivo que el é “un instrumento” ao servizo do seu partido, despois de reivindicar a política como “servizo público” e de explicar que el compatibiliza a súa tarefa profesional co seu compromiso político.

“IDEAS AO SERVIZO DO PAÍS”

Cando aínda non transcorreron 100 días dende o congreso no que foi ratificado como líder dos socialistas galegos, avanzou a próxima creación dunha fundación coa que o PSdeG   porá “as mellores ideas ao servizo do país”, para reverter a situación dunha Galicia que –dixo- “vai a peor”. “E preocúpanos”, afondou.

Gonzalo Caballero observou que o goberno autonómico carece de “rumbo” e de “estratexia política ou económica” e, fronte a iso, situou entre as súas “prioridades” que a recuperación económica “chegue á cidadanía.

E, tras constatar que Galicia “ten perdido peso político” no mapa estatal, advertiu de que “non podemos permitir que as eivas do Estado das Autonomías” deriven “nunha tendencia recentralizadora”. Galicia, proseguiu, necesita do seu autogoberno para “dar calidade de vida á cidadanía dun xeito solidario e leal”.

O secretario xeral, que foi presentado polo alcalde de Vigo como “un gran político”, fiou un discurso “galeguista”, “comprometido coa terra” pero “aberto á complexidade do mundo”, “internacionalista” no que atinxe a calquera “dificultade ou inxustiza”, “ecoloxista” e “feminista”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08