Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero insta a Feijóo a “acadar un gran acordo industrial” para afrontar “os retos do emprego, a modernización e as crises industriais” de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista reivindica unha “sanidade pública de primeira” para Galicia mentres a Xunta afronta unha posible sexta onda con recortes de persoal e debilitamento de recursos sanitarios

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Gonzalo Caballero, instou hoxe ao presidente da Xunta a “acadar un gran acordo industrial” en Galicia que permita afrontar con garantías a “solución ás crises existentes e os retos da nova revolución industrial” en Galicia. O responsable socialista sinaloulle a Feijóo que “é hora de que a Xunta exerza as súas competencias e esperte do letargo industrial”, en resposta ao encontro do presidente galego coa ministra de Industria.

Gonzalo Caballero apuntou que o presidente da Xunta debe ofrecer respostas aos desafíos da transición enerxética e aos problemas do tecido industrial de Galicia, e emprazou ao goberno galego a utilizar os fondos da UE para modernizar a industria do país e garantir o “impulso a un novo modelo para Galicia”.

Para iso, explicou, a Xunta debe comezar a empregar as súas competencias en materia de política industrial para encabezar un novo escenario acadando “sinerxias coas distintas administracións” que operan no territorio autonómico, incluíndo coordinación co goberno central,  buscando ademais o “acordo cos axentes industriais” e o “diálogo coas empresas”.

Caballero emprazou ao goberno galego a “darlle resposta á Galicia do futuro”, sinaladamente nas zonas máis afectadas pola crise industrial, como é o caso da Mariña, coa ameaza sobre os traballadores das factorías de Vestas en Viveiro ou Alcoa en San Cibrao. É o caso tamén de Ferrolterra, o sector naval ou a situación de Ence, na Ría de Pontevedra.

Subliñou a “man tendida” dos socialistas galegos para solucionar os problemas da industria galega, aos que lles concedeu “máxima prioridade” como eixo do reforzo económico de Galicia para “facer fronte aos problemas de futuro”.

Sanidade

Gonzalo Caballero fixo unha valoración positiva da manifestación celebrada onte en Santiago de Compostela en defensa da sanidade pública fronte aos recortes aplicados polo goberno galego, que ten debilitado á Atención Primaria ata niveis inasumibles. Caballero criticou que o presidente da Xunta se amose “preocupado por unha posible sexta onda da covid” mentres recorta os orzamentos para Atención Primaria e saúde pública.

Lembrou que precisamente na Atención Primaria hai actualmente 51 prazas profesionais sen cubrir, e o goberno galego deixa sen renovar o contrato a máis de 500 profesionais da sanidade pública contratados como reforzo para a covid. Precisamente, dixo, cando se anticipan “centos de xubilacións de profesionais” nos próximos anos. “Cómpre unha nova política sanitaria e de persoal no Sergas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04