Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero esixe á Xunta “consensuar” coa comunidade educativa o inicio do curso: “Non pode centrifugar as súas competencias cara aos directores dos centros”

O secretario xeral destaca o “compromiso” do goberno de España co Estado das autonomías co inicio do reparto de 16.000 millóns de euros para “reforzar a política social e os servizos públicos”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, esixiu hoxe á Xunta que “consensúe” os protocolos de seguridade fronte á covid nas aulas de cara ao inicio do curso escolar, á vista do malestar xerado na comunidade educativa.

“A Xunta non pode centrifugar as súas competencias cara os directores dos centros escolares”, subliñou o líder socialista en rolda de prensa, para chamar ao goberno galego a “exercer as súas competencias” no canto de tentar “evitar tomar decisións” e responsabilizarse delas.

“Os directores dos centros escolares”, recordou, “non teñen mecanismos” para poñer en marcha as actuacións debidas para evitar contaxios nas aulas. Por iso, Gonzalo Caballero incidiu en que ten que ser a Xunta a que “se faga responsable” do asunto e acorde cos equipos directivos dos colexios e institutos as medidas a tomar.

Iso si, o máximo dirixente do PSdeG advertiu de que as actuacións non poden ser “a custe cero”, senón que a Xunta ten que “reforzar” o sistema educativo, dotándoo de “máis profesionais e de máis medios” para impedir que se produzan contaxios nos centros escolares de Galicia.

ESTADO AUTONÓMICO

En paralelo, Gonzalo Caballero destacou o “compromiso” do goberno de España co Estado das autonomías tralo acordo para iniciar o reparto dun fondo de 16.000 millóns de euros co obxecto de “reforzar a política social e os servizos públicos”.

Nesta primeira fase, apuntou, distribuiranse 6.000 millóns de euros seguindo criterios obxectivos de índole sanitaria e poboacional, nunha liña de traballo baseada na cogobernanza e no “reforzo” das autonomías.

ACORDO EUROPEO

Ademais, o secretario xeral do PSdeG sinalou o “fito” do acordo do Consello Europeo para emitir débeda conxunta no camiño de dar “unha resposta europea á crise” derivada da pandemia. “Europa avanza en modelos de gobernanza máis fortes e máis inclusivos”, valorou.

De feito, contrastou este acordo coa resposta da UE noutras crises para subliñar que, con estas medidas anticíclicas, Europa é hoxe “parte da solución” e da busca dunha recuperación “integral” que evite que a situación se converta nunha crise económica máis fonda.

Así pois, a pesares de apuntar que o escenario inicial era “máis ambicioso” que o finalmente acadado, Gonzalo Caballero apuntou que permitirá “o relanzamento da economía” na UE.

Ao fío disto, indicou tamén que é “unha boa noticia” que o marco financeiro 2021-2027 manteña a contía que recibe España para a PAC. Agora, dixo, o que toca é traballar para “potenciar e revitalizar” os sectores primarios.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08