Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero esixe a Feijóo unha rectificación en Ourense: “Non queremos que o PP asuma actitudes antidemocráticas en Galicia que noutras comunidades asume Vox”

O secretario xeral do PSdeG reúne á Comisión Executiva Nacional Galega en Ourense para asinar unha declaración institucional “pola calidade democrática e o respecto á cidadanía de Ourense”

O voceiro do PSdeG en Ourense, Rafael R. Villarino, pide ao PP “que se retracte” e que “ofreza unha alternativa” a unha cidade “que leva dous anos bloqueada”

Ourense, 30 de abril de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reuniu hoxe á Comisión Executiva Nacional Galega na cidade de Ourense, unha xuntanza na que sacaron adiante unha declaración institucional “pola calidade democrática e o respecto á cidadanía de Ourense”.

En declaracións aos medios previas á xuntanza, o máximo dirixente das e dos socialistas galegos pediron hoxe a Feijóo “que rectifique a actitude antidemocrática do PP e se convertan en demócratas plenos pola vía dos feitos”, xa que “non queremos que o PP asuma actitudes antidemocráticas en Galicia que noutras comunidades asume unha forza de ultradereita como Vox”. “Feijóo ten que rectificar en primeira persoa”, sentenciou.

“Todos e todas os socialistas galegos, unímonos hoxe para respaldar ao noso voceiro en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, fronte á campaña de acoso e de ataque antidemocrático que está sufrindo porque o PP o quere retirar da política”, subliñou o líder do PSdeG.

Así, destacou que “non pode ser que unha forza política tente cambiar o resultado das urnas”, xa que “en democracia son os cidadáns e as cidadás os que deciden quen os representa, quen está nas institucións e tamén quen pon e quita concelleiros”.

“Todos os demócratas debemos esixir unha rectificación a Feijóo, a Baltar e ao PP de Ourense, que abriron un camiño perigoso de retroceso democrático no que non se respecta a vontade da cidadanía”, lamentou Gonzalo Caballero, quen sinalou que o PP “non asume o resultado das urnas”.

Nesta liña, sinalou que “ten moita transcendencia que un partido político queira esixir que alguén non estea nunha corporación cando a súa traxectoria é plenamente honrada e impoluta”.

“Eu amoso o meu orgullo cando vexo aos alcaldes e alcaldesas socialistas”, subliñou Gonzalo Caballero quen incidiu na “gran xestión” dos e das rexedoras de Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo, Ferrol ou Vilagarcía de Arousa.

Pola contra, lembrou que “o PP cando mira para os seus representantes municipais nas grandes cidades ten que mirar para Jácome”. “El púxoo, e agora non quere amosar a súa responsabilidade, só quere enredar á opinión pública, aos medios e á cidadanía”, sentenciou.

“UN EXERCICIO DE RESPONSABILIDADE”

En todo caso, o máximo dirixente das e dos socialistas galegos enxalzou o “exercicio de responsabilidade” que fixo o voceiro do PSdeG no Concello de Ourense, Rafael R. Villarino, “estando disposto a pórse ao carón doutra persoa para solucionar un problema de xestión”. “Creo que este é un feito que hai que poñer en valor”, subliñou.

VILLARINO REIVINDICA “DEMOCRACIA” PARA OURENSE

“Agradezo moitísimo á Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG que se desprazase ata Ourense nun acto de apoio á democracia”, recoñeceu o voceiro do PSdeG en Ourense, Rafael R. Villarino, quen lamentou que “a democracia na provincia e na cidade estea ausente”.

Así, lamentou que “unha proba más de todo isto vivímola hoxe na sesión plenaria da Deputación de Ourense, na que unha vez máis fun vítima de acoso e insultos sen ter practicado nin unha frase ofensiva que puidese danar ás persoas alí presentes”.

“Teño que dicir que a democracia está ás portas de Ourense e terá que traela o PSdeG” porque “agora estamos nunha espiral de ataques cada vez maiores”, lamentou Villarino. Por iso, instou a “facer algo entre todos para dicirlle á sociedade que imos loitar pola democracia”.

Por último, instou ao PP a “que se retracte e que ofreza unha alternativa á cidadanía na cidade, que leva bloqueada dous anos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23