Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca a emenda á Lei de Cambio Climático que eliminou sospeitas “malintencionadas” sobre as concesións e esixe ao PP aclarar por que a rexeitou

O secretario xeral do PSdeG sinala a importancia de incorporar a vacinación dos mariñeiros: “mentres no País Vasco vacinaron aos pescadores, en Galicia non se fixo”

O dirixente socialista comprométese con Boiro e anuncia que o PSdeG levará ao Parlamento a petición dunha residencia pública de maiores no municipio

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe a bisbarra do Barbanza, onde mantivo unha xuntaza co alcalde de Boiro, José Ramón Romero, para abordar as necesidades do municipio.

Alí, o máximo dirixente das e dos socialistas galegos sinalou que o PSdeG é un “aliado pleno” do sector mar-industria, malia que “durante moitos meses escoitamos unha campaña de tensión por parte do PP que dicía que o Partido Socialista quería atacar ou reducir as prórrogas das concesións en dominio público marítimo-terrestre”, o que supuxo “unha gran mentira, un gran engano”.

Por iso, para “despexar dúbidas infundadas, perniciosas e malintencionadas que o PP quixo plantexar durante tantos meses”, como explicou o dirixente socialista, levouse a cabo unha modificación da lei de cambio climático.

En concreto, Gonzalo Caballero explicou que no Senado aprobouse unha emenda “para despexar calquera sombra de dúbida” sobre o futuro das concesións. “E os votos do PSdeG estiveron a favor da maior claridade para o sector”, recalcou, e contrastou o apoio socialistas co rexeitamento do PP que agora terá que aclarar.

Con todo, incidiu en que, “de acordo á lexislación vixente, o goberno de España concedeu todas as prórrogas das concesións do sector mar industria en dominio público marítimo-terrestre” para que as empresas “manteñan a súa actividade” e “na única que houbo problemas é porque foi a Xunta que puxo obstáculos e fixo informes negativos”.

Non en van, o dirixente socialista subliñou que “ningunha lei pode ter carácter retroctivo”, polo que a aprobación da lei de cambio climático non afecta nin ás concesións nin ás prórrogas vixentes, que continúan tramitándose con normalidade.

“As e os socialistas somos os principais aliados para defender o sector conserveiro, o pesqueiro, o das depuradoras… que sabemos que son fundamentais para a economía do país”, concluíu o máximo dirixente do PSdeG, logo de reafirmar que “imos protexer o emprego, a actividade industrial e o futuro do sector”.

VACINACIÓN DOS MARIÑEIROS

Noutra orde de cousas, o máximo dirixente do PSdeG sinalou que “mentres en País Vasco vacinaron aos mariñeiros, en Galicia non se fixo” e valorou a importancia de vacinar ao colectivo. “É importante apostar pola vacinación dos mariñeiros, especialmente os de altura e gran altura que botan moitos días e noites embarcados”, destacou.

Trátase, como dixo, de conseguir que os barcos “teñan máis seguridade” e evitar que calquera contaxio poida ter “efectos perversos para a saúde do colectivo embarcado”.

“Se aparece un contaxio nun barco a longa distancia da costa, por exemplo en augas internacionais, é evidente a complexidade tanto do illamento do contaxiado como do tratamento sanitario do mesmo, polo que estas peculiaridades dan un carácter específico á vacinación dos mariñeiros e pescadores”, concluíu.

COMPROMISO CON BOIRO

En canto aos temas locais, o máximo dirixente do PSdeG puxo en valor “o papel” que realiza o alcalde de Boiro á fronte do municipio. “Os socialistas sabemos gobernar para a xente en momentos de pandemia”, reivindicou Gonzalo Caballero, logo de manter unha xuntanza xunto ao rexedor co colectivo que reclama unha residencia pública para o concello.

“Logo da pandemia vemos a importancia de atender aos maiores con calidade asistencial”, sinalou o dirixente socialista, quen subliñou que “sabemos que moitos maiores teñen pensións pequenas e dificultades para acadar no mercado privado unha praza de residencia”.

Por todo isto, instou á Xunta a “que se comprometa” cun modelo de atención de maiores “que priorice as residencias públicas e aborde outros modelos de atención”. Así, trasladou o “respaldo pleno” do PSdeG ao proxecto de residencia que, anunciou, levará ao Parlamento de Galicia “para que o PP teña que dicir se apoia a petición da veciñanza de Boiro ou se lle dá as costas aos nosos maiores”.

ALCALDE DE BOIRO

Pola súa banda, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, amosou o seu agradecemento ao máximo dirixente do PSdeG por interesarse polas “demandas” do municipio e, concretamente, polo seu respaldo ao proxecto de residencia pública en Boiro.

Neste senso, Romero incidiu na importancia desta infraestrutura para o municipio que ademais está amparada por unha plataforma de maiores que recolleron case 3.000 sinaturas para reivindicar o proxecto. “Temos os terreos e o proxecto”, sinalou o alcalde quen urxiu á Xunta unha aposta pola residencia pública.

VISITA A RIBEIRA

Na súa visita pola bisbarra, Gonzalo Caballero tamén fixo unha parada no concello de Ribeira, acompañado polos compañeiros da agrupación socialista e polo portavoz municipal, Manolo Vilas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27