Categorías: ActualidadeActualidade do partido

Gonzalo Caballero defende que Galicia é “máis rica” cando a súa lingua “ten potencia” e esixe a Xunta que actúe ante o seu “retroceso”

O secretario xeral do PSdeG reclama á dereita que “rectifique” a decisión de suprimir o Diario Cultural da grella da Radio Galega

Santiago, 17 de maio  de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reivindicou este xoves, Día das Letras Galegas, que “este país é máis rico cando ten a súa lingua con potencia”, de xeito que esixiu á Xunta que tome medidas para frear o “retroceso” que está experimentando.

Nunha xornada de “recoñecemento” e posta en valor da lingua e da cultura galegas, o líder do PSdeG fixo fincapé en que as administracións públicas teñen que “potenciar” a súa difusión e coñecemento, ademais de trasladar á cidadanía a importancia de ter “cariño” polos elementos que nos son propios.

“Temos que amosar un compromiso claro co galego, que fai unha Galicia máis rica e máis próspera”, resaltou Gonzalo Caballero, quen sinalou a existencia de “eivas” na política lingüística da Xunta.

Tamén cuestionou tamén a política cultural e de medios da dereita, que leva a que “se poña fin ao Diario Cultural”, unha ferramenta de difusión da cultura galega durante anos a través da Radio Galega. “Hai que salvar o Diario Cultural”, recalcou o secretario xeral, e instou a “rectificar” unha decisión que vai “na dirección errada”.

“Queremos máis galego, queremos un galego estendido e queremos un galego cultural que exemplificamos na defensa deste programa de referencia na cultura galega durante tantos anos e ao que o PP quere poñerlle fin”, finalizou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08