Categorías: Formación

Gonzalo Caballero critica a “incompetencia e incapacidade de Feijóo para dar resposta aos grandes problemas de Galicia

“Incompetencia e moita propaganda”, ese é para o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, o resumo da actuación dos gobernos do PP e de Feijóo como presidente fronte aos grandes problemas de Galicia, nos que está a demostrar grandes doses de “incapacidade”. O responsable socialista interveu hoxe nunha xornada de debate sobre os 15 anos do Prestige, organizado no Parlamento polo Grupo Parlamentario e a Escola de Formación Ceferino Díaz.

Gonzalo Caballero estableceu, en resposta a preguntas dos medios de comunicación, un paralelismo na actuación do presidente da Xunta hoxe fronte aos incendios e a seca, nos que “mira ao aire e di que non hai responsabilidades” coa incompetencia demostrada hai 15 anos polos gobernos galego e central diante do naufraxio do Prestige.

Explicou que hoxe aínda queda “moito traballo por facer”, cun Estado que carece dun mecanismo efectivo de coordinación, e “faltan protocolos de actuación diante dunha catástrofe deste calado”. Alertou que neste momento fallan as repostas “dende o momento de decidir que facer co buque ata no plantexamento e coordinación para paliar a marea negra”.

Galicia afronta as catástrofes de fondo calado, como foi no seu día o afundimento do petroleiro ata os lumes do pasado mes de outubro, cunhas “administracións públicas que esquecen a coordinación ou o establecemento de mecanismos institucionais para dar ordes nos momentos críticos que permitan ter mecanismos e dispositivos preparados”.

“Seguimos sen ter claramente definidas cuestións fundamentais como a esixencia de responsabilidades”, dixo, malia aos avances á hora de “aplicar mecanismos de pago e multa, ou a ampliación de responsabilidades civís e penais”. Apuntou á asignatura pendente de “conseguir que as responsabilidades monetarias acaben asignándose e efectuándose”.

Gonzalez Laxe

O líder dos socialistas galegos interveu na primeira das dúas mesas de debate organizadas hoxe, na que tamén interviñeron o fiscal de Medio Ambiente de Galicia, Álvaro García Ortiz, ou o ex presidente da Xunta de Galicia, Fernando González Laxe. Este último lamentou que un país marítimo como España “non ten aprendida a conciencia marítima” e carece dunha estratexia global e integrada neste sentido.

Resumiu que “mentres isto non ocorra non poderemos responder axeitadamente”, máxime cando Galicia é, despois de México e Trinidad e Tobago, a terceira costa do mundo máis afectada polos vertidos.

González Laxe coincidiu coa Fiscalía á hora de reclamar uns danos maiores dos que estimou a sentenza, polo que, dixo, “deberiamos xogar a defender as teses da Fiscalía” e considerou “xusto e necesario” que os xuíces admitan o recurso que ten presentado.

Aplaudiu que a sentenza incluíra sen embargo o dano moral, que afecta á imaxe de Galicia e á súa poboación, e dixo que “os tribunais teñen que aceptar e cuantificar este dano moral”.

A xornada rematou logo da segunda das mesas redondas, na que interviñeron o portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, o alcalde de Muxía, Félix Porto, e o deputado do Congreso e autor da obra Lecturas sobre el desastre del Prestige. Contribuciones desde las redes sociales, Ricardo García Mira.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08