Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero chama a impulsar “un PSdeG renovado, fortalecido e aberto” para propiciar “o cambio” en Galicia fronte a unha dereita que “carece de estratexia para o futuro”

O secretario xeral apela a “recoller o mellor” dos gobernos socialistas e “adaptalo aos novos tempos” coas “mellores ideas ao servizo de Galicia”

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu este sábado ante o Comité Nacional Galego para chamar a construír un partido “renovado, fortalecido, aberto, pegado á rúa” para propiciar “o cambio que Galicia necesita” fronte a unha dereita que “carece de estratexia para o futuro”.

Ante o máximo órgano entre congresos do PSdeG, o líder dos socialistas galegos proclamou que “somos un gran partido” pola “nosa historia, experiencia e traballo”. “Temos liderado a vangarda do cambio, en España e en Galicia”, enfatizou, consciente de que “o mellor” dos avances experimentados en materia de dereitos e liberdades “ten as siglas do PSOE”.

É por iso que apelou a “recoller o mellor” dos gobernos socialistas e “adaptalo aos novos tempos”, poñendo “as mellores ideas ao servizo de Galicia”. “Recoñecemos e valoramos a nosa historia, e temos que aprender do ben feito, e tamén dos erros, para potenciar un novo ciclo político en España e en Galicia”, resaltou Gonzalo Caballero.

Con esa óptica, o líder dos socialistas galegos chamou a traballar “todos” xuntos para converter a Pedro Sánchez no próximo presidente do Goberno e para dar á nosa comunidade unha alternativa de progreso.

ELECCIÓNS MUNICIPAIS

Do mesmo xeito, coa vista posta nas eleccións locais, comprometeu o seu traballo, “da man de toda a organización”, para “activarnos fronte a unha dereita que non logra consolidarse” e ás denominadas forzas emerxentes, que padecen “problemas de xestión” onde gobernan.

“Nós temos as mellores referencias municipais”, recordou Gonzalo Caballero, en alusión aos grandes alcaldes e alcaldesas socialistas que aínda son recordados polos seus veciños, en presencia dos catro secretarios xerais provinciais.

Sen abandonar o ámbito municipal, o secretario xeral puxo en valor a tarefa do rexedor de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Abel Caballero, de conquerir que “o goberno do PP rectificase” e agora os concellos poidan “poñer ao servizo da cidadanía” os seus aforros.

CINCO RESOLUCIÓNS

Cando se fan 125 días dende que a nova executiva socialista foi elixida no 13 Congreso do PSdeG, o Comité Nacional aprobou catro resolucións sobre outras tantas cuestións que a dereita non ten “nin capacidade, nin forza, nin interese en solucionar”.

Trátase de defender os sistemas públicos de sanidade, pensións e xustiza fronte aos “recortes” do PP e de pular pola igualdade, un día antes da manifestación que terá lugar en Vigo con motivo do Día Internacional da Muller e na que estará o propio secretario xeral. Ademais, ratificou que todo o PSOE apoia os paros do día 8 de Marzo.

Adicionalmente, a petición do secretario xeral, acordouse reprobar a “falta de sensibilidade municipal” que ten demostrado o presidente da Xunta ao cuestionar que os concellos poidan utilizar o seu superávit financeiro en servizos necesarios para a cidadanía e ao non recoñecer o traballo feito dende a FEMP nesa liña.

ACLAMACIÓN

Ademais, o Comité Nacional Galego aprobou por aclamación os novos nomeamentos da Comisión Executiva Nacional Galega a fin de cubrir as vacantes motivadas pola incompatibilidade de cargos dos compañeiros que foron nomeados nos procesos provinciais.

Así, Jorge María asumirá a Secretaría de Dereitos e Liberdade, Laura López Atrio será a nova secretaria de Formación e Javier Rey entra como secretario executivo.

Tamén por aclamación se cubriron as vacantes da Comisión Nacional de Ética e do Comité Nacional Galego; ao igual que a conformación da Comisión Nacional de Listas que propuxo a Comisión Executiva Nacional Galega.

Este órgano estará formado por Xoaquín Fernández Leiceaga, José Antonio Quiroga, Marina Ortega, Dolores Villarino, Pablo Arangüena e Iván Puentes como membros da Executiva, xunto con outros oito militantes das catro provincias como membros do Comité Nacional Galego.

A maiores, e tamén por aclamación, saíron adiante os orzamentos do partido, que xa tiñan sido validados pola Executiva e o Comité Federal.

Finalmente, o secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, tamén informou ao Comité Nacional do proceso de renovación orgánica, que discorreu con normalidade e deixa 291 agrupacións constituídas a día de hoxe.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41