Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama á Xunta a “facer un esforzo” para reforzar o financiamento das universidades públicas “ante os retos de futuro”

O líder do PSdeG destaca o papel da universidade pública, que “debe ser a prioridade”, fronte a calquera “iniciativa privada que desdebuxe o avanzado”

Caballero sinala que o PSdeG respaldará os proxectos que a universidade garanta para fondos Next Generation

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, no marco dunha rolda de contactos cos tres reitores galegos.

“Para o plan de financiamento das universidades é necesario facer un esforzo dende a Xunta para que no período 2022-2026 consigamos máis fondos estruturais que permitan reforzar o sistema público universitario galego ante os novos retos de futuro”, reivindicou o líder socialista.

Un deles, como sinalou Gonzalo Caballero, é a media de idade “extremadamente alta” dos cadros de persoal docente e investigador das universidades de Galicia, o que supón “unha chamada de atención para poder crear prazas de profesores, docentes ou investigadores” que “permitan levar á universidade pública galega á vangarda e na fronteira do coñecemento no conxunto internacional”.

Ademais, o responsable socialista fixo fincapé en que as universidades galegas “teñen que ter un papel fundamental nos fondos europeos”, polo que o PSdeG “respaldará e cooperará con todos aqueles proxectos nos que estea involucrada a comunidade universitaria galega” para “revitalizar o tecido produtivo” do país.

De feito, subliñou que “á hora de definir as prioridades de proxectos que poidan captar fondos europeos, o sistema universitario galego é un aval”, xa que “é unha garantía” para que os fondos “sexan utilizados de forma eficiente e solvente”.

Así mesmo, o líder das e dos socialistas galegos puxo en valor o papel das universidades en eidos como a dixitalización, a transición ecolóxica, o novo modelo industrial e a aposta polo medio rural ou o medio mariño.

UNIVERSIDADE PRIVADA

Nesa liña, o secretario xeral das e dos socialistas galegos reivindicou “unha aposta clara pola universidade pública”, que “debe ser a prioridade” fronte a “calquera iniciativa privada que desdebuxe o avanzado”. “Temos magníficas universidades en Galicia que seguen requirindo financiamento e unha aposta de futuro”, advertiu.

Así, amosou a súa coincidencia cos tres reitores das universidades públicas galegas en que calquera proxecto privado ten que ser “compatible” co sistema público.

Neste senso, Gonzalo Caballero deixou claro que o PSdeG actuará no Parlamento como “muro de contención” ante “calquera iniciativa que non teña o respaldo das universidades galegas”.

“Se os tres reitores das universidades públicas galegas consideran que un proxecto dunha universidade privada non é complementario, pon en risco o avanzado ou debilita o modelo do sistema universitario galego, as e os socialistas de Galicia imos estar cos reitores e coa universidade pública”, sentenciou.

RECOÑECEMENTO ÁS UNIVERSIDADES PÚBLICAS GALEGAS

Por último, Caballero amosou o seu recoñecemento á comunidade universitaria polo “traballo e esforzo” ao longo deste último ano “tan complexo”. Así, destacou que a universidade “segue sendo unha fonte de investigación e docencia en tempos de pandemia”.

Ao fío diso, puxo en valor a adaptación da Universidade de Vigo á situación de pandemia cando, a través dun programa de dixitalización, dotou á comunidade universitaria de 2.000 ordenadores portátiles e 500 pantallas táctiles, o cal “é un bo exemplo” de como funcionou o sistema universitario galego.

MANUEL REIGOSA

Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, amosou o seu agradecemento ao líder do PSdeG pola visita. “É importante para nós a visita dun representante político que se interesa polo que facemos na universidade e polo papel que as universidades estamos chamadas a xogar dentro da recuperación”, resaltou.

Ademais, Reigosa sinalou que “concordamos na necesidade de incentivar o sistema público para que sexa máis eficiente e dar capacidade de resposta á cidadanía”. “Entre todos temos que loitar por unha sociedade galega máis próspera e xusta”, finalizou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38