Categorías: ActualidadeNovasSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero censura a “deslealdade” de Feijóo, que “aplaudía cando o PP ría de Galicia” con recortes nos servizos e nas inversións

O secretario xeral amosa “a fortaleza e a vitalidade” dos socialistas galegos, que poñerá fin ao ciclo político de Feijóo como fixo Pedro Sánchez con Rajoy

Santiago, 1 de setembro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, puxo o foco este sábado, no acto de apertura do curso político dos socialistas galegos, na “deslealdade” que caracteriza a actuación do presidente da Xunta. “O PP ría de Galicia e Feijóo aplaudía”, deplorou, recordando como Feijóo non alzou a voz para protestar polo copago farmacéutico, pola non revalorización das pensións ou polo feito de que Rajoy deixase sen executar máis de 2.000 millóns consignados para Galicia.

E é que, como recalcou o líder dos socialistas galegos en presenza da vicepresidenta do Goberno, Carmen Calvo, e do alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero, Feijóo deixa “unha Galicia que non ten ido a mellor, senón a peor” no que atinxe ao estado dos servizos públicos, ao interior e á demografía.

“Feijóo está espido, e, co seu cinismo, quere trasladar unha imaxe de poder; pero está deixando a Galicia sen futuro”, subliñou o secretario xeral, antes de deixar claro que “os socialistas estamos aquí” e que o seu compromiso é co peche da etapa Feijóo. “Cando haxa eleccións, terminouse o seu ciclo”, incidiu ante cerca de 500 persoas en Santiago, para deixar claro que “a fortaleza e a vitalidade” do PSdeG conseguirá poñer fin á presidencia de Feijóo, como antes fixo o PSOE coa de Mariano Rajoy.

Ao fío diso, amosou a súa satisfacción polas políticas postas en marcha polo goberno capitaneado por Pedro Sánchez, que “está cambiando para ben” a política española. Está, como dixo, ofrecendo unha alternativa aos “millóns de cidadáns que estaban abandonados” e que agora “ven ao PSOE como o mellor proxecto para o país”.

“Onde houbo avances económicos e sociais, alí están as siglas do PSOE”, destacou Gonzalo Caballero, consciente de que o partido sempre enarbolou a defensa das “causas máis nobres” e coas necesidades dos cidadáns. Tamén no caso de Galicia, onde deixaron a súa pegada dous gobernos de progreso, e onde agora os cidadáns obterán tamén “unha resposta” dos socialistas para “dar unha resposta” a problemas como a falta de pediatras ou a falta de oportunidades dos mozos.

“EXEMPLARIDADE”

Neste escenario, o máximo dirixente do PSdeG non só recomendou a Pablo Casado que aproveite a súa visita a Galicia para preguntar a Feijóo “se vai seguir sendo tan desleal con Galicia”, senón que tamén instou ao presidente da Xunta a demandarlle ao seu xefe de filas información sobre o seu master.

“Non están para dar leccións de exemplaridade”, concluíu Gonzalo Caballero, quen describiu o executivo de Pedro Sánchez como “o goberno da dignidade” que, ademais de promover o benestar social, está situando de novo ao PSOE como “primeira forza política de España”.

“PLANCHAR AO PP”

Nesa liña, o alcalde de Vigo aproveitou a súa intervención no acto de inicio do curso político dos socialistas para deixar claro que os socialistas “imos a planchar” ao PP nas vindeiras citas coas urnas.

Cando se fan os primeiros tres meses da chegada de Pedro Sánchez á Moncloa, puxo en valor as políticas postas en marcha para superar “a pobreza” que deixou o PP no país e para prognosticar que “o tempo do PP está esgotado”.

“RESOLVER LOS PROBLEMAS”

Pola súa banda, a vicepresidenta do goberno, Carmen Calvo, indicou que “Galicia tiene todo el derecho a saber que ahora la oportunidad de resolver sus problemas” no vendrá de la mano “de Feijóo”, senón dos socialistas, de Pedro Sánchez e Gonzalo Caballero.

En paralelo, referiuse á situación de Cataluña para pedir a “todos los partidos” que “arrimen el hombro con cordura y patriotismo”. “La historia contará algún día” o que fixo cada un, e que os socialistas están traballando para “revisar y mejorar” o modelo territorial de España.

“El gobierno socialista trabaja para recuperar el Estado del bienestar, la dignidad y la limpieza de la democracia”, engadiu Calvo, non sen sinalar que o executivo está composto por “personas valientes y realistas” que traballan para reverter o que os españois levan “sete anos aguantando”.

“El PP tiene que empezar a pensar en lo que ha pasado”, finalizou, antes de apuntar que o PSOE é o partido “con mejores condiciones para defender este país”. “Tenemos historia, experiencia y construimos la democracia por la izquierda”, rematou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18