Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero avoga polo compromiso verde no Día da Terra: “Galicia ten que potenciar a Estratexia Europea de Neutralidade Climática cara o 2050”

O secretario xeral do PSdeG recorda que en Galicia arderon 15.000 hectáreas o pasado ano e reclama á Xunta defender os bosques e a biodiversidade e fortalecer a estratexia contraincendios

Forcarei, 22 de abril de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acudiu hoxe ata Forcarei para celebrar o Día da Terra coa plantación simbólica duns carballos e a lectura dun manifesto a cargo da alcaldesa, Verónica Pichel. Dende alí, o líder dos socialistas galegos subliñou que “Galicia ten que potenciar e ser parte activa na estratexia europea de neutralidade climática cara o ano 2050”.

“Temos que ser ambiciosos na defensa do noso futuro”, reivindicou Gonzalo Caballero, aludindo ao gran pacto verde europeo, do que forman parte países como Alemaña, Francia ou Dinamarca, que procura que a nosa pegada de carbono sexa neutra a metade deste século.

Para acadar este obxectivo de que “Europa sexa o primeiro continente en absorber tantas emisións como produce” ao fío do 2050, como explicou o máximo referente do PSdeG, “a aposta pola reforestación” constitúe “un mecanismo de compensación fronte s emisións”.

De aí, afondou Gonzalo Caballero, a plantación duns carballos que simboliza “a importancia de coidar o planeta”. “Os e as socialistas galegos estamos comprometidos cun futuro verde para o país; coa sostibilidade, a biodiversidade, o medio natural e a transición ecolóxica xusta”, remarcou.

De feito, o dirixente socialista subliñou que cómpre “facer políticas públicas que permitan desfrutar da natureza no presente e tamén no futuro”, consolidando a senda de avance cara a “pegada neutra” nas nosas emisións de dióxido de carbono. “Para non danar o territorio e non acelerar o cambio climático”, detallou.

TRANSICIÓN XUSTA

Ademais de facer referencia á senda de “longo prazo” que debe tentar ir máis alá da “pegada neutra”, compensando totalmente as emisións de CO2, Gonzalo Caballero puxo o foco na estratexia para unha transición ecolóxica que ten que ser “xusta, impulsando a xeración de emprego en sectores económicos e industriais sustentables”.

Ao fío disto, referiuse ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia impulsado polo Goberno de España para aproveitar os fondos europeos na senda de acometer un cambio no xeito de producir e de consumir. “O 37% dos fondos Next Generation deben dedicarse á transición ecolóxica”.

LOITA CONTRAINCENDIOS

En paralelo, Gonzalo Caballero fixo referencia á necesaria loita contra os incendios forestais, logo de recordar que o ano pasado arderon en Galicia 15.000 hectáreas.

Ao respecto, reclamou á Xunta fortalecer a estratexia contraincendios con máis medios e máis persoal, de cara a protexer os bosques e a biodiversidade, e especialmente ter unha estratexia de coidado dos montes que se converta nun mecanismo preventivo que minore os riscos de lume.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29