Categorías: ActualidadeActualidade do partido

Gonzalo Caballero alerta dos “riscos” que supón o proxecto da mina de Touro-O Pino para o medio ambiente e o patrimonio

O secretario xeral do PSdeG defende que o desenvolvemento de Galicia ten que ser “sostible” e “respectuoso” coa riqueza natural

Santiago, 10 de xuño de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, encabezou hoxe a delegación socialista que estivo presente na multitudinaria manifestación que acolleu Compostela en contra da reapertura dunha mina de cobre nos concellos coruñeses de  Touro e O Pino.

Dende alí, Gonzalo Caballero advertiu de que o proxecto conleva “uns niveis de risco” para a contorna dos concellos e para as rías galegas que fan que non poida “contar con respaldo social nin político”.

E é que, segundo dixo o líder do PSdeG, este proxecto “non garante” o respecto cara o medio ambiente non só nos concellos nos que se pretende operar, senón que os danos poderían afectar ao conxunto de Galicia a través das rías.

“Os socialistas galegos cremos que o desenvolvemento ten que ser sempre sostible e respectuoso co medio ambiente e a riqueza natural”, defendeu o secretario xeral ante os xornalistas, para sumar a súa voz á de milleiros de galegos que hoxe ateigaron a Praza do Obradoiro para amosar a súa oposición a este proxecto mineiro.

PRESENZA SOCIALISTA

Gonzalo Caballero percorreu as rúas de Santiago en compañía de varios membros da dirección do PSdeG, como o vicesecretario xeral, Pablo Arangüena; o secretario de Acción Electoral, Martín Seco, e os secretarios executivos Jorge María, Daniel Chenlo e Enrique Vázquez Naveira.

Tamén estiveron presentes os alcaldes de Vilagarcía, A Illa e O Grove, a alcaldesa de Cambados, e os deputados no Parlamento de Galicia Patricia Vilán e Julio Torrado, entre outros cargos e representantes socialistas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41