Categorías: ActualidadeActualidade do partido

Gonzalo Caballero advirte de que España “non pode permitirse ser un país gobernado polo partido máis corrupto de Europa”

O secretario xeral do PSdeG subliña que Rajoy “ten que asumir responsabilidades” e avisa a Ciudadanos de que “a súa complicidade” coa corrupción do PP evidencia que non son “alternativa”

A secretaria de Educación do PSOE denuncia que a aprobación dos orzamentos do Estado sitúa a España “á cola da UE” en inversión educativa, ao mesmo nivel do ano 1996

Santiago, 24 de maio de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, advertiu este xoves de que España “non pode permitirse ser un país gobernado polo partido máis corrupto de Europa”, como pon de manifesto a sentenza do caso Gürtel coñecida esta mesma xornada e que evidencia “un PP cheo de corrupción”.

De feito, o líder dos socialistas galegos recalcou que o fallo xudicial “pon ao PP contra as cordas” ao amosar que “a corrupción penetrou en todos os niveis” do partido que lidera Mariano Rajoy. Do presidente sinalou que “compartiu goberno” e responsabilidades dentro do PP con moitos dos que hoxe saíron condenados.

Por iso, e polo feito de que a sentenza pon en dúbida a súa credibilidade da súa testemuña, Gonzalo Caballero incidiu en que Mariano Rajoy “ten que asumir responsabilidades”.

Neste escenario, o secretario xeral do PSdeG reclamou a Ciudadanos “un xiro radical” na súa acción política, para deixaren de ser “o bastón” no que se apoia o partido da corrupción en España. “A súa complicidade os desbotará como alternativa”, avisou, non sen recordar que “emerxeron falando de rexeneración política”

EDUCACIÓN

Na reunión da Comisión Executiva Nacional Galega tamén participou a secretaria de Educación do PSOE, Mari Luz Martínez Seijo, quen posteriormente interveu nunha asemblea aberta xunto co secretario de Educación do PSdeG, Luis Álvarez, a decana de Ciencias da Educación da USC, Carmen Fernández Morante, e o vicepresidente da Comisión de Educación do Congreso, Guillermo Meijón.

Na comparecencia ante os medios co secretario xeral, a responsable de Educación do Partido a nivel federal denunciou que a aprobación onte dos Orzamentos Xerais do Estado sitúa a España “á cola dos países da Unión Europea” en inversión educativa.

“Constatan a tendencia do recorte no sistema educativo”, criticou a dirixente socialista, para apuntar que xa son 9.000 millóns de euros os que foron retirados ao sistema. Así é que, segundo as súas propias palabras, actualmente a inversión educativa en España se atopa ao nivel de 1996.

Tralas críticas, Mari Luz Seijo lamentou que o PP non tivera en conta as emendas socialistas aos orzamentos estatais, que prevían un aumento da inversión educativa en case 1.000 millóns de euros, para establecer primeiras matrículas universitarias gratuítas, aumentar as prazas de garderías, apoiar a escola rural e adaptar os estudos de FP, entre outras medidas.

Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG sinalou que a educación é “un pilar fundamental” para dar a Galicia “un futuro distinto” ao que pretende o PP, e fixo fincapé en que queda “moito traballo por facer” para lograr unha educación pública “de calidade” nos distintos niveis.

Así é que pediu “un esforzo” tanto en medios como en capital humano para a ensinanza media, máis dotación de prazas en infantil e unha aposta para ter “a mellor universidade posible”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18