Categorías: Secretaría XeralUncategorized

Gonzalo Caballero advirte ao PP que “non ten a propiedade da comisión de reconstrución” e reclama que compareza Feijóo para falar dos proxectos europeos

O secretario xeral cuestiona que o PP pretenda incluír unha segunda comparecencia do vicepresidente económico sen convocar primeiro a presenza dos expertos económicos, sociais e sanitarios propostos polo PSdeG

O líder do PSdeG reclama “ambición dende o público” para encarar a reconstrución de Galicia e denuncia que aínda non hai ningún pequeno negocio que cobrara “un euro” da Xunta dende a chegada da covid

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cuestionou hoxe que o PP queira reabrir as comparecencias da comisión de reconstrución do Parlamento a través dunha segunda comparecencia do vicepresidente económico para falar dos proxectos europeos, cando outros comparecentes reclamados non puideron comparecer nin nunha primeira ocasión. “Amosa que a duración dos traballos da comisión pactada por PP e BNG era escasa, como xa dixéramos, e que o PP está desnortado”, recalcou.

Nese sentido, Gonzalo Caballero advertiu ao PP de que “non ten a propiedade da comisión” e requiriu que se teñan en conta tamén as comparecencias pedidas polo Grupo Socialista e que non foron atendidas, como o sindicato Unións Agrarias e distintos expertos nos eidos económico, industrial, de transición ecolóxica, sanitario ou de política social.

Ademais, habida conta de que o vicepresidente de Economía xa compareceu na citada comisión hai apenas un mes, o líder do PSdeG defendeu que “debería comparecer Feijóo” e “non escudarse” noutros membros do seu goberno. Sobre todo, incidiu, ante a ausencia de estratexia por parte da Xunta no que atinxe aos fondos europeos, toda vez que pasou de anunciar sete proxectos que logo se converteron en 108, e que agora están mudando.

“O vicepresidente de Economía vén á comisión a reformular o seu discurso de hai un mes na mesma comisión?”, inquiriu o tamén voceiro parlamentario socialista, quen detectou falla de “ambición” do goberno galego para afrontar as tarefas da reconstrución de Galicia. “Hai pouca acción económica e moito despiste nos eidos sanitario e social”, sostivo.

Despois de amosar a súa “preocupación” por estas cuestións, máxime cando non se aprecia “rumbo” na Xunta para utilizar os máis de 1.100 millóns de euros que veñen do goberno de España, Gonzalo Caballero recordou que “aínda non hai nin un hostaleiro nin un pequeno comercio que recibira un euro en axudas directas do goberno galego” a pesares de que pasaron nove meses dende a chegada da covid.

“TRANSPARENCIA”

“A Xunta ten que adoptar medidas para apoiar aos sectores afectados e fortalecer o sistema de rastrexo e a atención primaria, así como poñer en marcha actuacións que permitan que ninguén quede atrás na saída desta crise”, reivindicou o secretario xeral, quen reclamou tamén “transparencia” sobre a situación e as decisións que se toman.

“Vemos que á Xunta cóstalle pasar do escurantismo á transparencia e á cogobernanza”, subliñou Gonzalo Caballero, quen reclamou que as medidas se tomen “a carón dos concellos” e deixando a “confrontación” co goberno de España.

Ao fío disto, recriminou a Feijóo que pasou de reclamar que non se permitisen xuntanzas de máis de seis persoas no Nadal a demandar que fosen dez excluíndo aos nenos, e que logo chegase a alertar sobre o “alto risco” que supoñían estas festas. “Está desorientando á cidadanía nun momento que fai falla claridade”, finalizou o máximo dirixente do PSdeG.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05