Categorías: Actualidade

Galicia, a segunda Comunidade Autónoma de Galicia en persoas con sobrepeso

Os murcianos e os galegos son os máis obesos do Estado. Así o certifica a Enquisa Nacional de Saúde de España 2017 realizada polo Ministerio de Sanidade e así o sinalou a portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, para dar a voz de alarma diante dun problema de saúde pública “de primeira orde” ante o que o goberno de Feijóo apenas lle presta atención.

A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei na que explicou que o 59,75 por cento da poboación galega maior de idade sofre sobrepeso ou obesidade, o maior índice só superado polos murcianos, e que entre os rapaces e rapazas de entre 2 e 17 anos sitúase no 23,29 por cento. A gravidade desta situación, dixo Blanco, esixe “políticas concretas e decididas” e medidas en definitiva “máis aló da información e da política propagandística”.

Afeoulle así ao goberno galego que non teña tomado máis que medidas “estéticas” poñendo en marcha por exemplo o Plan Xermola -2013- dirixido a reducir a obesidade na poboación infantil ao tempo que aprobaban o decreto de comedores escolares. Aquel decreto priorizaba os servizos de cátering, de calidade cuestionable, e subía os prezos abocando aos nenos a levar a fiambreira co menú, mentres o sinalado Plan Xermola carece de avaliación seis anos despois.

Blanco contrastou o desleixo dos dez anos de goberno galego presidido por Feijóo coas iniciativas do anterior goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño. En pouco máis de 3 anos, o goberno socialista coordinou Educación e Sanidade con Pesca para ofrecer peixe nos comedores escolares a lo menos dous días á semana, e con Medio Rural para servir froita e verduras, algo que non lle gustou nada a Feijóo, como demostrou ao desbotalo nada máis chegar á Presidencia.

Explicou que foi tamén o goberno socialista de Andalucía o primeiro e darlle rango de Lei a un plan de loita contra a obesidade e o sobrepeso, con medidas como obrigar aos restaurantes a dispoñer de menús saudables e de racións de distintos tamaños, ofrecer auga gratis en espazos públicos, clarificar a etiquetaxe, propoñer o uso urbano da bicicleta ou limitar a publicidade de produtos hipercalóricos.

Proposta

Blanco lamentou o veto do PP a esta proposición non de Lei na que os socialistas reclamaban unha Lei par a promoción da vida saudable e a alimentación equilibrada que incorporara medidas para a loita contra o sobrepeso e a obesidade. Tamén incluían a mellora da educación, información e formación nutricional e a actividade física no ensino público e os comedores escolares, e accións para a promoción de hábitos de vida saudables.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04