Categorías: Secretaría Xeral

G. Caballero ve “indecente” o aumento do gasto en altos cargos e gabinetes da Xunta mentres esmorece en sanidade: “En Asturias invisten 250 euros máis en sanidade por persoa”

O líder dos socialistas analizou os últimos informes do Consello de Contas: o modelo da Xunta falla en inversión en sanidade e na precarización dos profesionais sanitarios

O secretario xeral denuncia un aumento do gasto da Xunta en altos cargos e delegados territoriais nun 5% e en persoal eventual de gabinete nun 6,75%

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, cualificou hoxe de “indecente” que a Xunta incremente o gasto da Xunta en altos cargos e delegados territoriais nun 5%, así como o de persoal eventual de gabinete, nun 6,75% segundo o último informe do Consello de Contas, mentres Galicia inviste moito menos en sanidade por habitante que comunidades coma o País Vasco ou Asturias. O líder dos socialistas galegos  remitiuse ao último informe do Consello de Contas, “demoledor” coa xestión sanitaria da Xunta.

Caballero criticou en concreto o incremento do persoal temporal, interino e eventual mentres o gasto sanitario de Galicia é 250 euros por habitante inferior ao de por exemplo Asturias, unha Comunidade Autónoma cunha pirámide poboacional e unha orografías equiparables.

Sen embargo, outras rexións como País Vasco, Asturias, Navarra, Estremadura, Aragón, Cantabria ou Castela e León invisten máis que Galicia, que é certo que supera a Madrid, a cal “non é precisamente o noso modelo de referencia”, mais tendo en conta que os custes de prestación de servizos sanitarios difiren polo envellecemento e dispersión da poboación galega.

Galicia ten unha poboación máis envellecida e máis espallada que a capital do Estado, o que require un maior esforzo sociosanitario, e “non podemos consentir” que o persoal indefinido dedicado á sanidade teña diminuído un 1,5 por cento, os funcionarios un 15 por cento e o persoal laboral outro 14 por cento no ano do informe, xusto antes da pandemia.

Mentres, a temporalidade está disparada, chegando ao 44 por cento en atención especializada e un 28 por cento en Atención Primaria por parte dun goberno que fai da precarización e da falla de investimentos unha “debilidade estrutural” do seu modelo sanitario.

O líder dos socialistas galegos debullou este panorama, dixo, nunha Consellería que gastou en 2019 un total de 602 millóns de euros en proxectos sen publicidade nin concorrencia competitiva, segundo revela o Consello de Contas.

Endebedamento

O secretario xeral do PSdeG-PSOE advertiu de que o esmorecemento do investimento na sanidade pública coincide precisamente nunha etapa na que o goberno galego disparou o endebedamento de Galicia nun 132,87 por cento. Segundo o Consello de Contas, entre 2009 e 2019 Galicia pasou dun endebedamento de 4.859 ata os 11.315 millóns de euros, que “non foi paralelo a un incremento do compromiso de investimento nos servizos públicos”.

Concluíu que “fronte a esa indecencia, reclamamos máis cartos para a sanidade pública galega e un modelo de contratación dos profesionais sanitarios que abandone a temporalidade e as substitucións para apostar por prazas estables e prazas fixas”. Caballero situou así os recortes de Feijóo fronte á radiografía do ente fiscalizador, que sinala que “Galicia inviste moito menos do que pode e do que debera”.

Reclamoulle ao presidente da Xunta que explique por que non inviste na sanidade pública, implantando un modelo baseado na precariedade e a temporalidade. Esixiulle que mude o seu modelo para “deixar dunha vez de incrementar os gastos de altos cargos, delegados territoriais e persoal de gabinete” para defender unha política laboral baseada na estabilidade e a profesionalidade.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27