Categorías: Secretaría Xeral

Formoso sinala que o próximo goberno socialista na Xunta recuperará os libros de texto gratuítos

O líder dos socialistas galegos denuncia os recortes provocados polo PP, con 116 colexios menos dende 2008

Critica a “imaxe lamentable” de Rueda e o seu “baile de datas con interese partidario” para as próximas eleccións autonómicas

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, asumiu hoxe o compromiso dos socialistas galegos para recuperar os libros de texto gratuítos logo das próximas eleccións autonómicas. Así o dixo na visita ao IES Rosalía Mera, xestionado pola Deputación da Coruña, con motivo do inicio do curso escolar.

O responsable socialista criticou os recortes no ensino público por parte do goberno galego, que supón que Galicia teña este ano 116 escolas menos que no ano 2008, logo de pechar dous colexios máis con relación ao curso pasado. Advertiu que Galicia conta con 1.800 alumnos e alumnas menos diante da pasividade do goberno galego e que demostra o problema demográfico de Galicia.

Advertiu que o ensino público en Galicia comeza o curso con 69 aulas menos, ademais do recorte drástico de profesorado, con en torno a 90 profesores menos que no curso pasado. Lamentou a falla de iniciativas do goberno galego para axudar ás familias, que teñen que asumir un gasto medio de 420 euros por fillo, e que supón “un problema que non debera estar ocorrendo” cun goberno preocupado polos servizos públicos.

Formoso iniciou o curso no IES Rosalía Mera da Coruña, xestionado pola Deputación provincial xunto co IES Puga Ramón, os dous “coñecidos pola excelencia” do seu traballo educativo logo de 70 anos. Salientou que o caso do Rosalía Mera afronta un novo curso ratificando as “moi boas perspectivas” para os 300 alumnos que se forman nas 11 especialidades de FP cun “altísimo nivel de inserción laboral”.

Eleccións autonómicas

O responsable socialista censurou hoxe a “imaxe lamentable” que está a ofrecer o presidente da Xunta ao abrir de novo un “baile de datas que ten claramente un interese partidario”. Logo da entrevista radiofónica de onte, na que o presidente da Xunta abriu a porta a un adianto electoral, criticou que “non pense no interese de tódolos galegos e galegas”, senón “en función de como lle vai a Feijóo en Madrid”.

Lamentou que o presidente galego se teña convertido na “comidilla xeral” a nivel galego e estatal pola súa incapacidade á hora de organizar as eleccións autonómicas, e lembrou que o PSdeG “impulsou a convocatoria electoral no momento que tiña que ser” en 2009. Reclamoulle ao presidente da Xunta que “pense máis nos veciños e veciñas de Galicia que no seu propio interese”.

Explicou que o PSdeG “vai estar preparado si ou si para que haxa un presidente ou presidenta socialista e para que este tipo de cousas non volvan ocorrer”, e pediulle a Rueda que “se preocupe de facer o seu traballo” á hora de poñerlle data á convocatoria electoral. Sinala que o presidente galego é “presa dos nervios”, como demostrou cando estivo “a punto” de convocar as eleccións antes do verán.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29