Categorías: ActualidadeNovasPortadaSecretaría Xeral

Formoso sinala que o goberno de continuidade na Xunta pon en dúbida o “impulso e cambio de ritmo” que necesita Galicia

O líder dos socialistas galegos ofrece “man tendida” ao novo goberno galego pero require “ansias de cambio” para afrontar o reto da maior crise socioeconómica dos últimos 30 anos

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamoulle hoxe ao goberno presidido por Alfonso Rueda “que colla con impulso e ansias de cambio de ritmo” na xestión que necesita Galicia para afrontar a maior crise dos últimos 30 anos. Dixo que “non é fácil que este impulso se vaia dar cambiando tan poucas caras” con relación ao anterior gabinete.

O líder dos socialistas galego fixo restas declaracións en Ponteceso, antes do acto de entrega dos premios Bos e Xenerosos que concede a Fundación Eduardo Pondal, onde  adiantou que “en calquera caso o PSdeG dará unha marxe de confianza, tenderá a man, porque por riba dos intereses partidistas están os intereses do noso país”.

Valentín González Formoso advertiu que Galicia “necesita claramente dun impulso baseado no talento, no coñecemento, para que sexa capaz de afrontar os retos que a sociedade galega ten por diante”.

Fixou tres ámbitos nos que o goberno galego ten que actuar con urxencia, como son o cambio de modelo económico, o reforzo da Atención Primaria e a atención aos maiores dende o sector público. Estes son os eidos nos que o goberno galego deberá afrontar “os maiores retos” co apoio dos socialistas galegos, “conscientes que nos enfrontamos a un reto de país nun momento socioeconómico moi complexo”.

En primeiro lugar, explicou que o goberno galego en primeiro lugar “ten por diante afrontar o apoio claro e contundente aos sectores estratéxicos de Galicia”, como son a pesca, a gandería, o transporte e a industria. Reivindicou un “cambio de modelo con contundencia, con convicción, baseado no coñecemento, a investigación ou o I+D, dando soporte aos sectores produtivos galegos”.

Reclamou tamén que o Executivo “aposte polo reforzo inmediato da Atención Primaria, onde a sociedade galega quere ver reflexado o mellor sistema sanitario do mundo”. Finalmente, reclamou a titorización pública do sistema de protección social dos maiores, que teñen sido “o ámbito no que se ten evidenciado a maior desprotección social” como consecuencia da pandemia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08