Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso reclámalle á Xunta que se sume ao Pacto Enerxético para o desenvolvemento de enerxías renovables

O secretario xeral do PSdeG insta ao goberno galego a facer da enerxía un dos eixos da acción de goberno: “é un ámbito no que o potencial de Galicia ten que agromar”

O líder dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, reclamoulle hoxe á Xunta dende As Pontes que se sume ao pacto estratéxico en materia enerxética asinado polos socialistas coas entidades que representan aos traballadores, aos empresarios, aos territorios afectados e ás mulleres do rural.

O secretario xeral do PSdeG renovoulle a Alfonso Rueda a oferta de diálogo que antes lle trasladara a Feijoo a favor da “enerxía e desenvolvemento de enerxías renovables”, en alusión esta vez ao hidróxeno verde. “É unha das ofertas claras que lle poñemos enriba da mesa ao goberno galego”, subliñou.

Formoso apuntou que “o potencial de Galicia ten que agromar no ámbito enerxético, que ten que ser un dos eixos claros dun goberno nun momento no que a enerxía estase a amosar como un elemento estratéxico crucial para o país”.

O responsable socialista lembrou o acordo asinado o pasado mes de abril con UGT, CCOO, Fademur, UUAA e Ventonoso para impulsar enerxía eólica sostible, que foi o primeiro acordo do Estado para darlle a Galicia “o protagonismo que merece no reto da independencia enerxética e a capacidade de xeración e almacenamento de enerxía con emisións cero”.

Así o dixo na inauguración dun centro de coworking centrado nas enerxías renovables e o hidróxeno verde no polígono industrial de Penapurreira, no Concello de As Pontes, deseñado para agrupar aos especialistas do sector. A Deputación de A Coruña poñerá enriba da mesa os recursos económicos, humanos e materiais para desenvolver as súas iniciativas emprendedoras.

Trasladou o agradecemento ás entidades empresariais e á asociación de empresarios de As Pontes por facilitar as instalacións para “darlle vida e pulo á xuventude que quere emprender no seu país”. Explicou que estes centros titorizados pola Deputación teñen acollido xa 300 empresas e máis de 4.500 postos de traballo na provincia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04