Categorías: Actualidade

Formoso: “O voto a Besteiro é a única vía para gobernar o cambio”

O secretario xeral do PSdeG chamou en Malpica á participación masiva o 18F para aproveitar a “ocasión única” que brindan os fondos europeos para o desenvolvemento da comunidade

Xunto aos números 1 e 2 pola Coruña, Patricia Iglesias e Julio Abalde, e ao voceiro socialista no Concello, Walter Pardo, defendeu que cos socialistas na Xunta e no Estado “Galicia vai ser imparable”

Prometeu un novo dique de abrigo no porto de Malpica “para facilitar as descargas da flota de altura, e chan industrial para apostar pola transformación e que Malpica aproveite todo o seu potencial no sector pesqueiro”

Malpica, 3 de febreiro. “O voto a Besteiro é a única vía para gobernar o cambio en Galicia”. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, defendeu en Malpica que non hai máis opción que a do candidato socialista “para rematar con 15 anos de inacción do PP aos mandos da Xunta” e abrir un novo período no que, con José Ramón Gómez Besteiro como presidente e o PSOE gobernando España, “Galicia vai ser imparable”.

Formoso pechou no centro cívico da localidade un mitin no que estivo acompañado pola cabeza de lista do PSdeG pola provincia da Coruña, Patricia Iglesias; o número 2, Julio Abalde, e o voceiro socialista no Concello, Walter Pardo. Na súa intervención, asegurou que a comunidade ten por diante numerosos retos, pero que se atopa ante unha oportunidade única para enfrontalos coa chegada de fondos europeos, que se deben empregar axeitadamente para transformar o tecido produtivo e as infraestruturas. “E esa oportunidade só se vai aproveitar cun goberno socialista”, afirmou.

Como exemplo deses retos de cara aos vindeiros anos, lembrou as necesidades de Malpica en canto ao desenvolvemento de novas infraestruturas. “É fundamental dotar o porto dun novo dique de abrigo para facilitar as descargas da flota de altura e hai que desenvolver chan industrial para a instalación de empresas de transformación da produción pesqueira, e que así Malpica aproveite todo o seu potencial no sector”, asegurou.

O tamén presidente da Deputación da Coruña insistiu en que as institucións deben levar a cabo políticas que dean resposta á realidade das persoas e dos territorios. “Hai que poñer a Administración ao servizo da xente e non que a xente estea ao servizo da Administración. Os políticos estamos ao servizo das persoas, non as persoas ao servizo dos políticos”, dixo para confrontar o modelo das axudas da Deputación e da Xunta ao sector pesqueiro.

“Ninguén pode petar na porta da Deputación para pedir axudas á pesca porque a Deputación non ten competencias nesa materia. As competencias son da Xunta. E, aínda así, dende a Deputación fomos quen de lanzar unha liña de axudas para paliar a situación da flota do cerco”, relatou Formoso para explicar a continuación que esas compensacións non se deseñaron “de calquera maneira”. “Sentámonos cos representantes do sector para entender as situacións e as necesidades deses profesionais e das súas familias”, destacou.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09