Categorías: Actualidade

Besteiro: “Ímoslle quitar á comarca do Deza a condena que lle puxo o PP coa peaxe da AP-53”

Apela á bagaxe do ex-alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, para defender os intereses do interior de Pontevedra

Lembra que “o PP votou en contra de que máis de 20.000 pensionistas da zona visen incrementadas as súas pensións”

Silleda, 3 de febreiro de 2024. O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou o seu compromiso coa Galicia do interior e con “traballar desde o minuto un para rescatar o Deza do estancamento que provocaron 15 anos de Goberno do PP”. “Remataremos coa Galicia das dúas velocidades, impulsando un desenvolvemento equitativo e igualitario para todos que pasa par mellorar a sanidade, desenvolver infraestruturas e xerar oportunidades de emprego nesta comarca”, sinalou. Nun multitudinario xantar celebrado no pavillón de Bandeira, Besteiro incidiu en que “para os socialistas a cohesión territorial é fundamental porque un galego de Rodeiro debe ter o mesmo que un de Cangas ou da Coruña”.

O candidato socialista puxo como exemplo deste compromiso as rebaixas que se van aplicar na AP-53 da man do Goberno de Pedro Sánchez. “Ímoslle quitar a esta comarca a condena imposta polo PP cunha das peaxes máis caras do Estado, porque uns poñen peaxes e outros quitámolos. Coma sempre, temos que ser os socialistas os que poñamos remedio ás desfeitas do Partido Popular neste país”, explicou. Ao mesmo tempo, ironizou sobre as contradicións “dalgúns senadores do Partido Popular, que agora piden unha gratuidade que ata hai dous días vían inviable”. “Están doídos de que outros arranxemos os problemas que eles crearon e demostran que prefiren poñer paus nas rodas antes ca mellorar a vida da xente”, afirmou.

Rescatar a sanidade e, particularmente, a Atención Primaria será outro dos eixos prioritarios do vindeiro Goberno socialista na Xunta. Besteiro comprometeuse a que “ninguén espere máis de 48 horas por unha cita no médico de cabeceira”. Ademais, asegurou que co PSdeG, haberá unha segunda ambulancia con base en Lalín as 24 horas “fronte os enganos e as invencións do PP”. “Que mínimo ca ter un servizo de transporte sanitario urxente que chegue a tempo”, indicou.

O desenvolvemento de chan industrial para o asentamento de novas empresas e a xeración de emprego de calidade son outra das apostas socialistas para a comarca dezá. Porén, Besteiro mostrou o seu apoio ao proxecto impulsado polo Concello de Silleda para a posta en marcha dunha central leiteira comarcal. “Son fundamentais industrias que transformen e lle dean valor ás nosas materias primas nas zonas gandeiras”, sinalou, lamentando que a bagaxe de Rueda e Feijóo co sector agrogandeiro sexa “que Galicia se manteña á cola dos prezos do leite en Europa e pechen cada ano centos de explotacións en Galicia”.

Tamén se referiu á suba das pensións levada a cabo polo Partido Socialista, recordando que o Partido Popular votou en contra da que máis de 20.000 pensionistas das comarcas visen incrementado o seu poder adquisitivo.

Besteiro puxo ao ex-alcalde de Silleda e número 6 por Pontevedra, Manuel Cuiña, como exemplo das políticas socialistas que se levarán á Xunta de Galicia. “Transformou Silleda con ducias de proxectos innovadores, puxo esta localidade no mapa e conseguiu reverter a perda de poboación. Demostra como se fan as cousas e desde o Parlamento de Galicia vai defender con uñas e dentes os intereses da comarca”, subliñou.

O candidato pechou o acto apelando á mobilización do electorado e pediu que ninguén quede na casa o 18 porque “cada paso que demos ten que estar enfocado en construír unha Galicia onde ninguén quede atrás, ingunha persoa, ningún sector, e ningún territorio”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09