Categorías: Secretaría Xeral

Formoso chama a protexer a autonomía galega fronte as forzas reaccionarias derrotadas o domingo que ameazaban coa “involución e retroceso

O secretario xeral do PSdeG intervén nos actos do Día Nacional de Galicia en Rianxo, onde reivindicou que o socialistas axudaron a “manter firme o timón” de Europa

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, interviu hoxe no acto do Día Nacional de Galicia que os socialistas desenvolven en Rianxo, onde fixo un chamamento protexer a autonomía galega das forzas reaccionarias que foron derrotadas o pasado domingo nas urnas e que que ameazan coa “involución e o retroceso” nos dereitos e nas liberdades acadadas nos últimos anos.

Formoso, acompañado do portavoz municipal dos socialistas rianxeiros, Óscar Rial, depositou a tradicional ofrenda floral diante do busto de Castelao do Paseo da Ribeira, en Rianxo, antes de pronunciar un discurso no que referendou o compromiso do PSdeG “co progreso e o benestar da nosa terra, e cunha lingua milenaria que temos que protexer e preservar” para transmitila activamente ás vindeiras xeracións.

Do mesmo xeito, expresou a “empatía” dos socialistas co autogoberno galego, e coa figura de Castelao, a quen o PSdeG-PSOE “acompañou” na frustrada tramitación do Estatuto de 1936, que non apoio a dereita, dixo, compromiso que os socialistas volveron a reeditar en 1981 coa apoio ao Estatuto de Autonomía hoxe vixente, que neste caso non foi apoiado polo nacionalismo radical. “Fomos a única forza política que estivo comprometida”, reivindicou Formoso, cos dous procesos estatutarios.

El líder do PSdeG tamén aludiu ás eleccións xerais do pasado domingo, e sinalou que a cidadanía “impediu que a extrema dereita volva facerse dona das nosas vidas e decidir o que temos que pensar e o que temos que facer”. Cos seus votos, abondou Formoso, a cidadanía impediu “a involución e o retroceso”, e resaltou que iso é algo que ten que “encher de orgullo e de confianza” a todos os socialistas para afrontar o futuro con máis optimismo.

Gañou a política útil”, dixo o secretario xeral do PSdeG sobre o resultado electoral. Gañou a política “que fuxe de posicións radicais e traballa por construír un país mellor, dotando de maiores dereitos á maioría social que conforman en gran parte as clases medias e traballadoras”. Apuntou, en definitiva, que o socialistas axudaron a manter “firme o timón” e a definir “o rumbo de toda Europa”. Hoxe, “os nosos veciños de Francia, de Holanda ou de Alemaña dormen máis tranquilos” sen a ultradereita asentada no goberno de España.

No acto do PSdeG celebrado polo 25 de Xullo en Rianxo participou un centro de persoas, entre eles varios membros da dirección galega do partido, como o propio Formoso, a vicesecretaria xeral e alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o secretario de Organización, José Manuel Lage, así como o secretario de Política Municipal, Alberto Varela. Tamén estiveron presentes os secretarios provinciais de Lugo, José Tomé, e de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino.

Formoso non deixou pasar a oportunidade do acto de Rianxo para volver a reivindicar a necesidade de avanzar nunha reforma do Estatuto de Galicia co fin de poñerlo ao día logo de 42 anos de vida. “Non podemos seguir mirando como nos adiantan outras comunidades autónomas, acadando máis competencias, mentres nós, que eramos unha autonomía de primeira, seguimos lastrados polo inmobilismo e a parálise” auspiciada polo PP, resolveu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09