Categorías: Actualidade

Formoso chama a aproveitar con Besteiro o investimento en Ciencia e Innovación para que Galicia sexa protagonista en industria e enerxía

O secretario xeral do PSdeG participou nun mitin en Betanzos xunto á ministra Diana Morant no que cualificou o apoio á investigación como un eixo “prioritario e transversal” na política socialista

A ministra de Ciencia, Innovación e Universidades lembrou os recortes do PP e asegurou que, pola contra, “veña a crise que veña, os socialistas nunca imos deixar á xente soa”

Betanzos, 8 de febreiro. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, animou hoxe en Betanzos a apoiar o proxecto socialista como “a columna vertebral deste país, porque Galicia funciona porque os concellos e as deputacións que goberna o PSdeG funcionan”. Ante a ministra de Ciencia, Innovación e Universidade, Diana Morant, cualificou como “prioritario e transversal” para os socialistas desenvolver unha política de ciencia e investigación, algo que se plasmará, dixo, no próximo goberno da Xunta, presidido por José Ramón Gómez Besteiro.

“Os próximos anos van ser dos máis importantes da democracia pola chegada de fondos europeos”, motivo polo que é importante ter un goberno que, ao contrario da permanente confrontación na que vive a actual Xunta, traballe da man do resto de administracións. “Vemos pasar por diante da porta fondos e proxectos porque o PP só se dedica a confrontar, e así non se constrúe nada”, afirmou.

O líder socialista describiu a situación que deixan 15 anos de goberno do PP nunha Galicia que “poboacionalmente morre”, con peores servizos e 138 colexios menos, o que constitúe “verdadeiros dramas”. Por iso, máis de 80.000 rapazas e rapaces que foron formados nas universidades galegas están agora fóra de Galicia, en lugares onde son valorados. Porque “Galicia renuncia a investigar”, cun investimento da metade que o de España.

Fronte a ese panorama, a proposta de Besteiro, explicou Formoso, pasa por “aproveitar os potenciais que ten Galicia”, por exemplo a oportunidade que brinda Europa coa súa nova política enerxética, sector no que a comunidade pode ser unha verdadeira potencia. “Por primeira vez na historia se nos está brindando a ocasión de ser protagonistas na produción enerxética, co hidróxeno, e o Goberno galego nin está nin se espera”, lembrou o secretario xeral.

Diana Morant mostrou o seu orgullo por formar parte dun Goberno que crea oportunidades para que os traballadores “non sexan expulsados do noso país” e felicitou á alcaldesa betanceira por ser “trincheira socialista” nun concello “abandonado” pola Xunta. Fronte a esa realidade, valorou que a través do Plan de Recuperación promovido polo Goberno de España chegaron a Betanzos máis de seis millóns de euros.

A ministra e secretaria dos socialistas valencianos confrontou o xeito de enfrentar as crises que tiveron os gobernos do PP e do PSOE. “Tentaron convencernos que a única forma de saír era recortando, pero nós enfrontamos a pandemia e as consecuencias da guerra de Ucrania cunha garantía: veña a crise que veña, imos protexer á xente, nunca a imos deixar soa”, afirmou.

Xunto a Formoso e Morant, subiron ao escenario do cine betanceiro a cabeza de lista do PSdeG pola provincia da Coruña, Patricia Iglesias; o número 2, Julio Abalde, e a alcaldesa de Betanzos, María Barral. O exreitor da Universidade da Coruña defendeu o investimento en investigación polo gran retorno que xera na sociedade. Por iso, explicou, unha das principais liñas de traballo que desenvolveu na súa etapa como reitor foi “captar talento e que ese talento se mantivera aquí”.

Na súa intervención, Iglesias asegurou que o PSdeG vai situar de novo a Galicia no mapa de España e no mapa de Europa e que “o único proxecto de voto útil para mellorar a vida dos galegos e das galegas é o proxecto de Besteiro”. Criticou a inacción dos gobernos populares en materias como os servizos sociais, con “cero residencias de maiores construídas en 15 anos”, pero tamén en eidos como a industria. “Nós imos apostar pola reindustrialización de Galicia”, asegurou.

Barral, pola súa parte, criticou que o goberno do PP na Xunta “minte, non cre en Galicia, non centra as súas políticas nos galegos e nas galegas e non escoita aos concellos”. “Os investimentos en Betanzos dende que son alcaldesa, hai cinco anos, son cero euros”, asegurou en referencia á falta de fondos autonómicos para o colexio Vales Villamarín, os servizos públicos ou o parque do Pasatempo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Otero esixe “tódalas garantías para o medio ambiente” no proxecto de Altri

Subliña que “fronte aos vetos cruzados, queremos industria, emprego e respecto ao entorno”   A parlamentaria socialista Patricia Otero esixiu…

21/05/2024 18:02

Nicolás González Casares denuncia o desleixo da Xunta diante da caída da produción marisqueira en Galicia

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo mantén un encontro en Barbanza para analizar a situación das rías de Arousa…

21/05/2024 17:04

O Grupo Socialista promove unha declaración institucional para que o Parlamento condene o ataque sen precedentes de Milei ao Goberno español

Elena Espinosa pídelle a Rueda que estea á altura do seu cargo e lémbralle que o presidente arxentino comezou o…

21/05/2024 16:15

Julio Abalde lamenta que o PP vote en contra de pedirlle á Xunta que axude aos mariscadores da Ría do Burgo

Reclamoulle á Xunta que garanta a supervivencia das 100 familias afectadas pola rexeneración da ría mentres dura o proceso de…

21/05/2024 12:56

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38