Categorías: Actualidade

Formoso avala a Iria Malvido como a candidata “formada e capaz”, que está decidida a darlle a Cangas a política estable que merece

O líder do PSdeG intervén xunto a David Regades e Elena Espinosa no acto de presentación, no que chama a crear “un dique de contención” contra as medidas regresivas da dereita

A candidata socialista bríndase a traballar duro contra as inxustizas sociais e demanda unha “sanidade de calidade” para unha vila especialmente maltratada pola Xunta

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, respaldou este sábado a Iria Malvido como a candidata “formada e capaz” que está decidida a darlle a Cangas a estabilidade política que merece. Pola súa banda, a candidata canguesa centrou o seu discurso nas demandas do ámbito sanitario, asegurando que “queremos unha sanidade pública de calidade e non nos imos a amilanar”.

Formoso acudiu a apoiar a Iria Malvido na presentación da súa candidatura á alcaldía de Cangas polo PSdeG, e estivo acompañado do secretario provincial de Pontevedra, David Regades, e a concelleira viguesa e exministra Elena Espinosa.

O tamén alcalde das Pontes reivindicou a importancia do vindeiro 28 de maio “non só votamos polos futuro urbanismo de Cangas, polas súas infraestruturas, senón que tamén votamos que se cree un dique de contención contra esas forzas políticas que impiden o progreso”, alegou.

Formoso chamou a vencer a un PP “que é capaz de propoñer para o noso país o modelo de pensións que incendia as rúas de Francia”, ante o que reclama “loitar contra ese modelo que quer Feijoo, que xa aplicou Rajoy e que tamén quer Rueda”.

“Como se lle poden dar as costas ao principio de solidariedade que está tan enraizado na sociedade galega?”, inquiriu Formoso na súa crítica contra a intención da Xunta de recorrer ante o Tribunal Constitucional o imposto ás grandes fortunas.

Antes de dar paso á candidata, pediu seus militantes e simpatizantes presentes o seu traballo neste período electoral que está por chegar, dado que ve especialmente importante que o PSOE acade un gran resultado que o manteña como “a maior forza política da historia deste país, a columna vertebral que conecta a sociedade”.

SANIDADE DE CALIDADE PARA CANGAS

Pola súa banda, Iria Malvido ofreceu “traballo duro, presión ante a inxustiza e e resultados”. Quer ademais “derribar os muros do concello para poñelo ao servizo dos veciños e veciñas” co fin de mellorar a vida das persoas.

A moza candidata do PSdeG á alcaldía de Cangas puxo como exemplo destas necesarias melloras a demanda, trasladada polo persoal de enfermaría, de establecer unha liña de transporte publico entre a vila e o Hospital Álvaro Cunqueiro. A pesar de que o Concello “ninguneou” esta reclamación, Malvido resalta que o PSdeG levouna ao Parlamento para que se escoitara e arrancou á Xunta que se poña un bus dos tres que demandan.

“Queremos en Cangas unha sanidade pública de calidade e non nos imos a amilanar”, ese é o principal reclamo da socialista que vai loitar por acadar a alcaldía da localidade do Morrazo a partir do vindeiro 28 de maio.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18