Categorías: Actualidade

Feijóo sitúase “á dereita da dereita dos gobernos de dereita” en materia política social

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, criticou hoxe o veto do PP a unha proposición non de Lei para ampliar o cadro de traballadoras sociais do SERGAS. A parlamentaria socialista acusou a Feijóo de estar a “dereita, da dereita, dos gobernos de dereita” en materia de políticas sociais, e criticou os “venres negros” do presidente da Xunta en contraposición cos “venres sociais” de Pedro Sánchez.

Blanco defendeu o traballo das traballadoras sociais, reivindicando o seu “papel fundamental dende os inicios do sistema sanitario e a súa función como nexo de unión entre o sistema sanitario e o sistema de servizos sociais”. Reclamoulle á Xunta que o cadro total de traballadoras no Sergas sexa de 77, o que equivale a 1 traballadora social por cada case 40.000 habitantes.

Este déficit de traballadoras sociais, recalcou Blanco, “impide tarefas como a planificación de intervención, estudos dos factores de risco e protección da saúde das persoas e familias e a non avaliación de programas integrais de intervención en saúde comunitaria”. Debido a isto, sinalou a portavoz socialista, estas traballadoras “deben compartir moitas veces as súas funcións coas dos servizos sanitarios”.

Sinalou que a crise económica aumentou as funcións das traballadoras sociais pola multiplicación das situacións de pobreza, converténdoas nunha peza “imprescindible a hora de detectar problemas socioeconómicos que poidan derivar na non realización de tratamentos médicos debido á falta de recursos económicos”. Son moitos os casos, lembrou, nos que “as persoas deciden abandonar os tratamentos médicos por falta de cartos para poder pagar a luz”.

A deputada socialista sinalou “as importantes e imprescindibles funcións das facultativas na mellora do benestar de vida das persoas, en colaboración cos servizos sociais de zona, no asesoramento aos cidadáns sobre as distintas axudas e recursos que poden solicitar, a petición da situación legal de dependencia, a incapacidade laboral e, cada vez máis, na detección e tratamento de casos de mulleres que están a sufrir violencia machista”.

A Parlamentaria Socialista amosou o seu apoio ás propostas do Colexio de Traballadoras Sociais de Galicia e ao Colexio de Médico de Galicia para a mellora da saúde e a integración dos servizos sociais nos Centros de Saúde. Sinalou a importancia para unha Comunidade Autónoma como Galicia, onde 1 de cada 4 persoas teñen máis de 65 anos, 125.000 dos e das cales viven soas, unha “soidade non desexada que lles produce un gran sufrimento”.

Sinalou que estas persoas tenden a acudir con máis frecuencia aos centros de saúde e os especialistas sanitarios realizan a función de traballadoras sociais, polo que lle esixiu á Xunta “o aumento paulatino de traballadoras sociais no SERGAS durante a vixente lexislatura xunto coa defensa da atención social e a mellora da calidade de vida dos cidadáns”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08