Categorías: Actualidade

Feijóo oponse a pedir novas competencias para Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, lamentou o veto do PP a unha proposición non de Lei para fixar 30 novas competencias para Galicia nunha “axenda de autogoberno efectiva”. Criticou que Feijóo se presente como garante do autogoberno e apoien unha proposta de Resolución neste sentido no último debate do Estado da Autonomía pero á hora da verdade “non estean dispostos a dar ningún paso efectivo”.

Os socialistas galegos presentaron sen éxito esta proposta cun catálogo de competencias xa transferidas ás distintas comunidades autónomas para rematar co parón de 10 anos de goberno de Feijóo. O líder do PP galego, lembrou Leiceaga, chegou á primeira liña da política bloqueando dende a oposición a proposta de reforma do Estatuto de Autonomía e continuou, xa dende o goberno, impedindo que Galicia asumira ningunha nova competencia.

Hoxe “sorprendeunos”, sinalou o portavoz socialista, presentándose na sesión de control como “garante do autogoberno” pero afirmando ao mesmo tempo que “non quería ampliar competencias porque suporía crear cortiñas de fume”. Apuntou á incongruencia do discurso do PP, que se define como galeguista pero ao mesmo tempo “onte o conselleiro de Cultura sorprendíanos tamén dicindo que cantar o himno era ideolóxico”.

O responsable socialista chamou a continuar co desenvolvemento do Estado das Autonomías para confrontar coas tensións recentralizadoras e independentistas “demostrando que o modelo autonómico ten flexibilidade para adaptarse ás circunstancias e funcionar ben”.

Os socialistas galegos presentaron esta proposta, dixo Leiceaga, co ánimo de plantexar unha lista “a discutir” e dispostos a incluír ou retirar as competencias en función do diálogo co resto dos grupos. Así, incorporaron a solicitude de transferencia da xestión da AP-9, que compartiu lugar no listado xunto coa competencia de Tráfico, Policía Autonómica, Inspección de Traballo, xestión do litoral ou a xestión conveniada do Catastro.

Lamentou que o PP se negara a abrir o debate sobre esta proposta desbotándoa no seu conxunto rexeitando “ningún debate sobre o conxunto de iniciativas, senón sobre as circunstancias que as rodean”. Fernández Leiceaga defendeu a ampliación do autogoberno dende o “autonomismo convencido” e un “Federalismo eficiente” fronte á lectura “excesivamente centralizadora do Estado Autonómico” por parte do PP “contaminado” pola axenda da estrema dereita.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08