Categorías: Actualidade

Feijóo incumpre a construción da nova residencia pública de maiores que prometeu para Pontevedra

A parlamentaria socialista Patricia Vilán presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para esixirlle ao presidente da Xunta que cumpra co seu compromiso de construír unha nova residencia de maiores con prazas públicas en Pontevedra. Vilán reivindicou un plan de investimentos en Centros Residenciais para maiores e dependentes de Pontevedra para este mesmo ano.

Vilán considera “curioso” que sexa a conselleira de Política Social a que lle remita unha carta ao alcalde da cidade apelando á colaboración e pedíndolle que poña a disposición terreos para facer a obra, que o presidente da Xunta “esqueceu no fondo do caixón” dende que presentou o Plan “Como na Casa” a comezos de 2017. Daquela comprometía 7 novas residencias nas grandes cidades.

Foi o Consello de Contas quen, nun informe de fiscalización, lle sacou as cores ao presidente da Xunta sinalando que non realizara ningún plan de investimentos en centros residenciais para maiores e dependentes, e que non tiña feito ningún avance para a construción dos centros. Acusouno de “agochar unha axenda en contra da política de atención ás persoas maiores”, aos que abocan a listas de agarda interminables, optar por outras prestacións ou ir á privada.

Ademais, a parlamentaria pontevedresa lembrou as graves carencias materiais e de persoal deste servizo na cidade, sinalando o “caso paradigmático” da chamada Residencia do Maior de Pontevedra. Á marxe das deficiencias nas isntalacións, dixo, a escaseza de persoal chega a niveis “alarmantes”, con “necesidades básicas nos departamentos de Enfermaría, Cociña, Medicina, Fisioterapia, Psicoloxía e Terapia ocupacional”.

Por iso urxiu á posta en marcha, este mesmo ano, dun plan de investimentos en centros residenciais para maiores e dependentes na cidade, “eliminando as deficiencias nas instalacións e a escaseza de persoal da xa existente Residencia do Maior”. Lembra que o inmoble, situado no céntrico barrio de Campolongo, existe dende 1993, e dende 2008 pasou a ser tamén un centro con persoas dependentes.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04