Categorías: Actualidade

Feijóo, incapaz de mover ficha para mellorar a situación dos pensionistas galegos

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusou hoxe ao presidente da Xunta de levar demasiado tempo “sen mover ficha” para atender aos pensionistas galegos. O responsable socialista anunciou, logo da Xunta de Portavoces do Parlamento, que este será o eixo central da pregunta ao presidente que lle presentará na próxima sesión plenaria.

Fernández Leiceaga criticou o “déficit” nas políticas do goberno galego con relación aos maiores nunha das comunidades autónomas coas pensións máis baixas e que ademais padeceron a caída decretada por Rajoy dende 2017 no conxunto do Estado. Sinalou que en Ourense e Lugo a pensión media sitúase por debaixo dos 700 euros, ao que hai que sumar o dobre prexuízo para as mulleres, que perciben en torno a 200 euros menos.

Sinalou que o presidente da Xunta está a demostrarse “incapaz” de poñer en marcha a política de residencias de maiores anunciada hai máis dun ano, cunha nova en cada unha das grandes cidades de Galicia. Alertou do “déficit residencial” para esta Comunidade Autónoma, na que está previsto que en 20131 haxa 120.000 persoas máis que hoxe que superen os 65 anos.

Este será un dos eixos centrais dunha sesión plenaria que comezará co debate final da Lei de Saúde coa que o PP reducirá as áreas sanitarias, suprimindo servizos nos centros comarcais, e que rexeitou tódalas emendas dos socialistas para blindar a prestación sanitaria. Os socialistas presentarán neste sentido unha interpelación para aumentar o número de prazas na Facultade de Medicina.

O portavoz socialista explicou que esta medida permitiría incrementar o número de médicos residentes e o número de especialistas que se incorporen no futuro. Respondeu así ao goberno galego, que está a amosar a súa inquedanza pola falla de especialistas dispoñibles para as prazas na sanidade pública.

A igualdade será outro dos elementos centrais do próximo Pleno, cunha moción para recuperar a unidade de muller e ciencia do goberno galego, creada polo goberno de Emilio Pérez Touriño e “ignorada e hibernada” por Feijóo ata o punto de que a súa web permanece conxelada no ano 2009.

Ademais, presentarán unha pregunta oral como preludio a unha batería de iniciativas de impulso para reclamar a equiparación dos permisos de maternidade e paternidade, aplicar a igualdade nos consellos de administración das empresas públicas e reforzar a contratación de mulleres despois da maternidade.

VAC Costa Norte

Fernández Leiceaga anunciou unha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno galego a reactivación dos tramos pendentes da Vía de Alta Capacidade Costa Norte, concibida polo goberno de Fraga e con Cuíña como conselleiro para conectar Ferrol e Foz con infraestruturas en condicións adecuadas.

Aquela obra, dixo, só tivo reflexo real no DOG co goberno presidido por Emilio Pérez Touriño, quen licitou os únicos dous tramos hoxe en servizo, que son a circunvalación de Ortigueira e o tramo Xove – Celeiro. Leiceaga lembrou que xa está listo o proxecto construtivo entre Covas e Celeiro, mentres o resto dos tramos poderían comezar a construírse en 2019, co que é “factible” que a obra total remate en 2021.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18