Categorías: Actualidade

Feijóo elude explicar a xestiónn da pandemia logo de terlle “exprimido todo o interese electoral”

O deputado socialista Julio Torrado acusou hoxe ao presidente da Xunta de utilizar a pandemia con “interese netamente electoral” ao deixar de dar explicacións “cando lle exprimiu o interese electoral”. Así o dixo no debate da Deputación Permanente do Parlamento para pedir a comparecencia do presidente da Xunta que, dixo, pasou de presentarse “case a diario” a través da TVG antes das eleccións a eludir calquera tipo de explicación ou comparecencia logo do 12X.

O responsable socialista criticou a negativa do PP a admitir a comparecencia do presidente da Xunta, a quen acusou de aplicarlle “política antivírica” á covid pasando a “tapar a boca, marcar distancias e lavar as mans” unha vez evidenciou que “xa non pode exprimila en termos electorais”. Engadiu que a decisión de Feijóo de manterse “agochado” en realidade “evidencia que a pandemia foi para el un cálculo electoral”, e que teñan evitado producir este debate durante tres semanas.

Sinalou ás dúbidas que presenta o anuncio de Trump de adiar as eleccións presidenciais nos Estados Unidos e, engadiu, “imaxinen que alguén queira desconvocar as eleccións, e imaxinen a continuación que se poidan convocar saltando un DOG” que impedía facelo co Estado de Alarma aínda activo, comparando coa situación das eleccións autonómicas en Galicia.

Sinalou que a evolución da pandemia, malia que careza da incidencia de comezos de ano, si que ten preocupado unha situación “en termos numéricos e sociais preocupantes”. Reclamoulle ao presidente da Xunta que responda das acusacións sobre presunto ocultamento de información sobre o brote da Mariña, pero “queremos crer que non foi así, pero o goberno non quere dar explicacións”.

Reclamou a comparecencia do presidente da Xunta para “ofrecer mensaxes que tranquilicen, que expliquen a previsión sobre como pode derivar a pandemia e as consecuencias que ten”, e lembrou que “a pademia está aí pero Feijóo xa non, o que non ten sentido se non é basicamente porque a explicación non é a pandemia, senón as eleccións, que xa non están aí”.

Torrado dixo que se trata dun debate “absurdo e estéril” ao plantexalo “fora de tempo e no que os grupos que o propoñen teñen menos tempo de intervención que os non propoñentes”, ao verse obrigados a repartir o tempo entre eles.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04