Categorías: Actualidade

Feijóo deixa de lado a “estratexia de Galicia” para alinearse cunha “estratexia de partido moi perigosa”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusou hoxe ao presidente da Xunta de subordinar a súa acción política a unha “estratexia de partido moi perigosa”. Así o dixo logo de que Feijóo tivera “instrumentalizado á Xunta” para aprobar unha Declaración Institucional “mistificando a realidade” e contra o goberno central e subliñando a súa participación na manifestación celebrada onte en Madrid.

O responsable socialista apuntou ao regreso “inopinado” do presidente da Xunta da súa viaxe a Norteamérica          que “non tivo que ver con atender ás demandas da manifestación de onte en Compostela contra os recortes na sanidade”, pola ruptura das negociacións cos médicos ou para atender ao déficit de pediatras ou a falla de ambulancias medicalizadas. Sen embargo, dixo, a súa volta foi para participar na manifestación de Madrid.

Naquela convocatoria, dixo, o que fixo o presidente da Xunta foi “darlle carta de natureza a unha concepción de España, polos compañeiros de viaxe que teñen escollido, que “nega o Estado das Autonomías como unha realidade positiva, afástanos da UE e ponlle paus nas rodas ás políticas de convivencia e diálogo que intenta impulsar o goberno do Estado”.

Esta estratexia complétase, sinalou, coa decisión de utilizar ao Parlamento de Galicia como caixa de resonancia para atacar ao goberno central, como está a facer coas iniciativas que presenta o Grupo Popular, dirixidas a desviar a atención das deficiencias da xestión da Xunta para centrarse en atacar á Moncloa.

Explicou que os socialistas centrarán a súa estratexia política na “axenda galega” e no control á Xunta de Galicia e obrigar ao presidente da Xunta a que dea conta dos seus proxectos para esta Comunidade Autónoma. Aí radica, dixo, o motivo para traer o debate das competencias ao Parlamento de Galicia e que poida acadar o mesmo nivel que Euskadi e Cataluña, as outras dúas comunidades históricas.

O responsable socialista centrará o debate da sesión de control ao presidente precisamente no nivel competencial de Galicia, para que explique “cando e como cre que isto é posible”, logo de que aprazara o debate primeiro porque lle molestaba a Mariano Rajoy e agora porque lle molesta a Pablo Casado.

Comisión de Investigación

Os socialistas presentaron hoxe unha proposición de Lei para reformar o Regulamento do Parlamento e que permita salvar o bloqueo por parte do PP contra as comisións de investigación, mesmo as que son constituídas a iniciativa da oposición. Fernández Leiceaga lamentou que logo de que na lexislatura pasada se abrira a posibilidade de que os grupos minoritarios convocaran un órgano deste tipo por lexislatura, o PP decidiu de facto bloquear o seu Plan de Traballo.

Esta foi a estratexia escollida polo grupo maioritario para desactivar a Comisión de Investigación sobre os recortes na sanidade pública, e por iso o portavoz socialista impulsou unha nova reforma do Regulamento. Fernández Leiceaga reclamou unha cuota de comparecentes para que os grupos parlamentarios poidan evitar o bloqueo e a censura partidista e que impere a transparencia e o pluralismo.

Anunciou ademais que hoxe presentarán unha proposición non de Lei na defensa dos dereitos das Mulleres, para garantir o cumprimento en Galicia da Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo e que o PP poida votar a favor desta norma logo de que a directora xeral de Igualdade da Xunta se pronunciara no mesmo sentido. Fernández Leiceaga trasladou a súa preocupación polo anuncio do líder do PP de dar “marcha atrás” a esta norma.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08