Categorías: Actualidade

Feijóo debe explicar o falecemento de dous pacientes en Urxencias do CHUS o pasado 2 de xaneiro

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, esixiulle hoxe explicacións ao presidente da Xunta e ao conselleiro de Sanidade logo de coñecer a denuncia presentada por médicos do Hospital de Santiago diante da Fiscalía polo falecemento de dous pacientes en Urxencias do Hospital de Santiago, o pasado 2 de xaneiro. Así o confirmou a médica daquel servizo, Fátima Nercellas, nunha xuntanza organizada por socialistas, En Marea e BNG, logo dos vetos do PP á Comisión de Investigación de Sanidade.

O responsable socialista considera “inasumible” que se produzan “con demasiada frecuencia” estas “terribles consecuencias” na sanidade galega “pola saturación e falla de recursos, que provocou a desatención dos pacientes con consecuencias fatais”. A responsable sanitaria explicou que a denuncia entrou hoxe na Fiscalía logo do falecemento, o pasado 2 de xaneiro, de dous pacientes de avanzada idade que permanecían nos corredores do Hospital.

Explicou que o falecemento se produciu logo de 3 alertas enviadas ao longo do día conselleiro, á xerente da Área Sanitaria, e ao equipo directivo, nunha xornada na que chegaron a haber ata 29 pacientes de extrema gravidade agardando a ser atendidos, a pesares do cal mesmo se negaron a abrir a antiga sala de reanimacións.

Hoxe participaron o técnico de emerxencias sanitarias Óscar Graña, a médica de Urxencias do Hospital de Santiago, Fátima Nercellas, e a enfermeira do CHUS Elisabeth Dosil, logo de que o PP impedira a súa intervención no órgano convocado pola oposición para investigar o impacto dos recortes de Feijóo na sanidade galega. A próxima semana terán lugar dous novos encontros sobre sanidade coa participación de representantes de Pediatría, exclusión sanitaria e Psiquiatría.

061

Torrado acusou ao goberno galego de “tolerar” que as concesionarias do servizo de ambulancias pagaran de forma “indecente”, por debaixo do actual salario mínimo, logo de que as empresas se queixaran onte de que a suba do SMI a 900 euros impedíalles continuar co servizo. O representante de Emerxencias confirmou a situación destes traballadores, contratados por 800 euros e con “altísima responsabilidade”.

Logo da xuntanza de hoxe, o portavoz de Sanidade explicou que tanto no caso do 061 como das Urxencias Hospitalarias “o eixo do problema é a Consellería de Sanidade. No primeiro caso, dixo, “vimos de constatar a situación gravísima dos traballadores, que teñen que atender á cidadanía en condicións de explotación laboral coa conivencia da Consellería, que permite desangrar aos traballadores a cambio dun maior beneficio empresarial”.

Lembrou que o ultimo concurso de concesión de ambulancias está xudicializado a día de hoxe baixo a sospeita dun presunto “trato de favor” de 121 millóns de euros. No caso das urxencias hospitalarias, dixo, “asistimos a unha folga responsable, na que os traballadores asumen uns servizos mínimos do cen por cen para atender aos cidadáns, pero que están fartos do trato da Consellería , que se nega a escoitar propostas sensatas e razoables, dedicándose a atacalos nos medios”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18