Categorías: Actualidade

Feijóo debe de explicar a relación da Xunta co directivo de Pemex detido por presunta corrupción e branqueo de capitais

O viceportavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que explique a relación do goberno galego co ex directivo de Pemex detido por presunta corrupción e branqueo de capitais, Emilio de Lozoya. Os socialistas pediron esta comparecencia na reunión da Deputación Permanente do Parlamento, e que foi vetada finalmente polo PP.

O responsable socialista reclamoulle ao presidente da Xunta “que explique a relación con Emilio de Lozoya, por que nunca chegaron os 20 buques que comprometeron –coa petroleira mexicana e que asinou o ex directivo co propio Feijóo-, e por que negan a súa relación cando en 2013 foi quen asinou a compra do 55 por cento de Barreras co beneplácito do presidente da Xunta”.

Aquela compra está a ser investigada hoxe pola fiscalía mexicana pola actuación do ex directivo mexicano, con quen a Xunta “lle ten agradecido publicamente a súa relación estreita, intensa e satisfactoria”. Álvarez criticou que o goberno galego estea a negar agora calquera tipo de contacto “con quen o presidente da Xunta asinara, con emisión en prime tima en precampaña electoral, a construción de 20 buques que nunca chegaron a Galicia”.

Macabro cambio de moeda

Os socialistas tamén reclamaron hoxe a explicación do goberno galego polo “macabro cambio de moeda oficial procedente do mercado negro venezolano” para beneficiar ao PP no que “parece” que ten participado o secretario xeral de Emigración do goberno galego. Aquel alto cargo “presuntamente intentou salvar a un compañeiro doutra Comunidade Autónoma que participou no desvío de fondos” destinados para atender a emigrantes en situación de emerxencia sanitaria.

Explicou que esta información proede dunha acta elaborada polo Tribunal de Cuentas logo dunha denuncia do secretario de Traballo da embaixada de Venezuela, que alertou da circulación de ata 300.000 euros procedentes do mercado negro.

O PP rexeitou esta petición, como tamén rexeitou a solicitude de comparecencia do conselleiro de Sanidade para explicar o retraso na chegada da ambulancia medicalizada para atender a un traballador de Punta Langosteira que sufría unha insuficiencia cardíaca, e que finalmente faleceu. Puntualizou que “ninguén cuestiona mala praxis, senón unha mala organización” provocada polos recortes nos servizos de emerxencia.

Apuntou á existencia de “demasiados casos semellantes” derivados da insuficiencia dos recursos sanitarios que provocaron os recortes do goberno de Feijóo, e apuntou así ao falecemento de dous pacientes en A Estrada e Lalín sen que puideran ser atendidos a tempo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41