Categorías: Actualidade

Feijóo consuma o seu ataque deliberado contra a sanidade pública

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe ao presidente da Xunta de ter “consumado un ataque deliberado contra os hospitais das áreas sanitarias eliminadas e os pacientes que son atendidos neles”. Así o dixo logo de coñecer a aprobación en plena ponte da Constitución, da reforma da Lei de Saúde que consolida a integración de Burela, Salnés, Monforte e Valdeorras nas áreas das grandes cidades.

Acusouno de “intentar poñer maquillaxe de mala calidade” a unha reforma que “apuntilla ao modelo sanitario”, xa que “co anuncio da creación de 14 distritos, o que queren agochar é que non van dar un paso atrás na súa folla de ruta para sabotear a sanidade pública”. Critica que “nin sequera teñan a valentía de admitir que tódolos hospitais incluídos nos pretendidos distritos, en realidade son absorbidos polas áreas sanitarias”.

O responsable socialista lamentou que o goberno galego dea unha volta máis no seu “exercicio de covardía profunda” ao consolidar a reforma nunha semana festiva e admitindo a desaparición das áreas comarcais “coa boca pequena e un lamentable exercicio de trilerismo político”. Esta é dixo, a gota que colma o vaso dunha reforma presentada en pleno verán, vetando o debate no Parlamento e pechándose a calquera aportación.

Consolidan hoxe a sexta modificación da Lei de Saúde de Galicia, o que supón unha “reforma de facto” da Lei máis importante da sanidade pública, aprobada en 2012 co voto en contra do PP, dirixida a “apuntillar ao modelo sanitario en base á participación por decreto”, cando 10 dos 18 artigos que modifican apelan a un desenvolvemento posterior por decreto.

Servizos

Torrado acusou ao PP de buscar “afastar servizos e reducir recursos” ao suprimir as áreas sanitarias de Burela, Salnés, Monforte e Valdeorras, en favor dos hospitais centrais. Dixo que o goberno galego consolida a perda de servizos para estes centros, en prexuízo dos pacientes, que teñen que soportar que en Valdeorras unha cita para rehabilitación solicitada o 16 de agosto fora concedida para o 26 de novembro de 2018.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41