Categorías: Actualidade

Feijóo aumenta a débeda en 7.600 millóns en nove anos e consume 4.300 millóns de recursos propios

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusou hoxe a Feijóo de ter disparado a débeda da Xunta de Galicia en 7.600 millóns de euros en apenas 9 anos, ademais de consumir tódolos seus fondos propios. Respondeu así ás críticas do presidente da Xunta contra unha suposta “mala situación financeira” do goberno presidido por Pérez Touriño.

O portavoz socialista explicou que, lonxe desta “realidade construída” por Feijóo, o goberno galego tiña no ano 2008 –último xestionado integramente por Pérez Touriño- unha débeda de 3.381 millóns de euros e 4.300 millóns de euros de fondos propios. Isto supuña que o goberno galego tiña case 1.000 millóns de euros a favor, entre a débeda e os fondos propios, unha situación que cualificou de “halagüeña”.

Sen embargo, dez anos despois, a situación do goberno galego pasou a ser “preocupante” logo de que Feijóo disparara a débeda ata os 10.603 millóns de euros, e consumira os recursos propios ata deixalos en números negativos. Incluso, explicou, deixou tódolos anos –agás 2009- cun balance de recursos propios negativo, que mesmo aumentou ata os 700 millóns de euros en 2013.

Dixo que por este motivo “en termos empresariais a Xunta está quebrada”, se ben puntualizou que as cifras “non supoñen sen embargo un problema financeiro” xa que “dispón de diferentes mecanismos” para afrontar esta situación, que ademais non é única no entorno do Estado. Sen embargo, si que responde das críticas de Feijóo contra a xestión financeira do goberno presidido por Pérez Touriño e evidencia “como lle vai deixar a Xunta a quen veña despois”.

Hospital de Vigo

Tamén respondeu das críticas da conselleira de Infraestruturas, que apuntaba ao uso de concesión público – privada polo goberno socialista, lembrando que as dúas concesións de financiamento mixto máis importantes actualmente corresponden aos 200 millóns de euros da Autovía da Costa da Morte e aos 325 do Hospital de Vigo, as dúas “decisións autónomas de Feijóo”.

Explicou que por ter escollido este modelo de financiamento, no que da entrada a unha empresa para financiar a infraestrutura a cambio dunha cota posterior, o Hospital de Vigo suporá un custe real de 800 millóns de euros a pagar durante os próximos 20 anos. Por moito que a Xunta, dixo, “presuma” de xuros baixos, nesta infraestrutura teñen asumido un xuro “implícito” do 8 por cento neste exemplo, ironizou, da “xestión eficiente” de Feijóo.

O goberno galego terá que pagar así ate 20 millóns de euros anuais adicionais en concepto de cota cos que “poderían ter atendido perfectamente ás necesidades sanitarias da zona de Vigo” e afrontar as listas de espera que teñen que soportar os pacientes.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08