Categorías: Actualidade

Falla de resposta de Educación diante das incidencias do inicio do curso escolar

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou a falla de resposta da Consellería de Educación diante das incidencias detectadas no inicio de curso escolar. Así o dixo no debate, hoxe no Pleno do Parlamento, dunha interpelación na que alertou das “decisións ideolóxicas” da Xunta contra o ensino público, sinaladamente a supresión de 1.400 prazas de profesor ou a supresión da gratuidade nos libros de texto.

O responsable socialista alertou dos problemas de mantemento en diversos centros de ensino público non universitario de Galicia, como o IES Canido de Ferrol, onde os alumnos non acudirán ata o luns polo mal estado das aulas. No CEIP de Cervo e o CEIP nº1 de Foz sucede “practicamente o mesmo”, mentres no CEIP Casás, de Lugo, o curso “comeza a medio gas” por problemas semellantes.

Os alumnos de CEIP Santa María de A Fonsagrada, dixo, teñen que comezar o curso no instituto anexo cunha “solución pintoresca” que a Xunta desbotaba hai escasos días, e no CEIP de Carral a propia conselleira suspendeu unha visita oficial “porque estaba patas arriba”.

Álvarez criticou que a Consellería de Educación se anticipara a estes incidentes presentando a “crónica dun éxito adiantado” ao anunciar o inicio do curso sen ningún tipo de “interferencias nin incidencias salientables”. Preguntou “se isto non son interferencias nin incidencias salientables gustaríanos saber que é o que son”, e lamentou que teñan recorrido ao “lugar común de criticar a falla de bolsas do goberno en funcións” que “ten publicada a convocatoria de axudas”.

Decisións ideolóxicas

O parlamentario socialista acusou ao goberno galego de ter aplicado “decisións ideolóxicas” para “bloquear sistematicamente” ao ensino público, comezando pola supresión de 1.400 prazas de profesor non universitarios entre 2008 e 2018. Álvarez criticou a precarización das condicións laborais dos docentes galegos e a negativa do PP e da Xunta a recuperar os horarios do persoal docente non universitario.

O mesmo sucede, dixo, coa supresión da gratuidade dos libros de texto, a negativa a prohibir o reparto de publicacións que poñen en cuestión a igualdade de homes e mulleres. Tamén se negaron a consensuar a oferta educativa e a rede de centros coa comunidade educativa, así como a avaliar a aplicacióñn dos programas de mellora da competencia lingüística –que cualificou de “fracaso”- ou de experimentación e innovación.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18