Categorías: Actualidade

Fake News Feijóo: anuncia unha Lei que “non ten nada que ver so superávit” e limítase a “mover 48 millóns dun lado ao outro”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, alertou hoxe da última “fake news” de Feijóo. A Lei de Suplemento de Crédito que está a “vender” como aplicar o superávit en realidade non ten “nada que ver”, senón que se trata de “mover 48 millóns de euros” dunha partida a outra que podería aprobar igualmente sen necesidade de ter superávit.

O responsable socialista limitou a manobra do xefe do Executivo a unha “operación pública de propaganda” derivada do “pánico electoral”, que o levou a “facer un Casado” coa austeridade e “comprar” agora os argumentos da oposición. Así como o líder do PP “descubriu de repente que é de centro”, Feijóo “pasou de ser o campión da austeridade a descubrir agora que fai falta gasto social”.

Engadiu que o que dende a Xunta anuncian como unha modificación legal que vai permitir contratar máis médicos, en realidade supón destinar apenas 1,5 millóns de euros para contratar entre 40 e 50 facultativos, “volvendo á situación do ano pasado”. Leiceaga advertiu que para iso contaba xa con 33 millóns no Fondo de Continxencia –“que pasou con eles?”, pregunta-, e esixe contratar 600 médicos afectar ao teito de gasto, aos equilibrios financeiros nin ao endebedamento.

Os socialistas presentarán a próxima semana unha emenda de totalidade contra esta Lei para mellorar as condicións laborais do persoal sanitario e desmontar as falsidades do presidente da Xunta. Fernández Leiceaga explicou que “nada hai que permita dicir que reducen os niveis de endebedamento”, senón que “o que se fai é retirar transferencias ao IGVS e á SPI para destinar a investimentos en educación, centros sociais, sanidade e un pouquiño a gasto corrente”.

A realidade polo tanto é que non reduce os niveis de endebedamento, que “non destina un gasto adicional de 125, de 130 ou de 96 millóns de euros, senón que transfire 48 millóns de euros dun lado ao outro”. Trátase, explicou, de outra fake news do presidente da Xunta, ao igual que asegurar que destina 3 millóns de euros para vivenda que “non existen, senón que polo contrario lle reducen 12 millóns ao IGVS”.

O pouco de verdade que ten este anuncio, explicou, é “unha reordenación interna de fondos que nos parece absolutamente insuficiente na parte que lle corresponde ao gasto social”, sinaladamente á contratación de persoal sanitario.

Reconsideración e fallos de forma

Os socialistas presentaron hoxe un escrito para reclamarlle á Mesa do Parlamento que reconsidere a tramitación desta Lei polo procedemento de Lectura Única, xa que logo de que a Xunta aprobara onte un anticipo de crédito para habilitar as obras supostamente urxentes, xa non é necesario un trámite que o que fai é furtarlle á oposición o debate e a posibilidade de presentar emendas.

Ademais o texto adoece de importantes eivas de procedemento, como é que en lugar de reducir os trámites á metade o fan a unha cuarta parte, ademais de que non presentan información da Execución Orzamentaria da Xunta que explique a necesidade de botar man dun suplemento de crédito. Considera que o modo de proceder é “impropio” e que “non pasaría nada por tramitar unha Lei ordinaria”, máxime cos anticipos xa aprobados polo Consello da Xunta de onte.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08