Categorías: Actualidade

Escandalosa deixación de funcións e neglixencia da Xunta na supervisión das residencias de maiores

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, denunciou a “escandalosa deixación de funcións e neglixencia por parte da Xunta de Galicia, antes e durante a pandemia” na supervisión das residencias de maiores de Galicia. Así o dixo na comparecencia do presidente da Federación Galega de Asociacións de Familiares e Usuarias das Residencias e da Dependencia –Rede-, hoxe na Comisión de Reactivación do Parlamento.

Arangüena acusou ao goberno galego de ter “o máximo interese en facer a vista gorda ante o que alí acontece”, e dixo que “a tendencia á privatización do coidado dos nosos maiores vai en paralelo coa confluencia con intereses políticos concretos e, en última instancia, coa conivencia con eses mesmos intereses”. Puntualizou a continuación que “neglixencia como mínimo, conivencia en todo caso e sospeitas de corrupción todas as do mundo e máis”.

O responsable socialista criticou a “actuación escandalosamente imparcial” do presidente da Comisión, quen o chamou á orde en dúas ocasións e mesmo lle retirou a palabra cando preguntou se a Xunta e o PP estaban “en conivencia con determinadas empresas do sector, sinaladamente Domus Vi”.

Pablo Arangüena constatou que a Xunta non fixera “absolutamente nada” fronte á situación da Residencia de Salvaterra do Miño ata que hai un mes tivo que intervila, e aínda así tardou en enviar un inspector ata 14 días despois da intervención. Iso a pesares do “panorama desolador” atopado polo persoal da Xunta, con residentes con úlceras por desatención, suciedade, colchóns raídos ou habitacións pechadas para impedir a saída.

Narcotraficante

E todo iso, subliñou, ademais da “ausencia total de protocolo covid” nun centro concertado coa Xunta, que financia 70 das 108 prazas dunha residencia da que é propietario, ao 50 por cento, un antigo fuxitivo da Interpol, preso na actualidade por narcotráfico en Brasil, detido en 2011 por introducir cocaína en Europa e identificado como líder en Europa dun gran narco colombiano, como figura no Rexistro Mercantil. O administrador e propietario do 50 por cento restante, explicou, é o seu irmán.

Sinalou que esta residencia demostra que “DomusVi –que conta coa muller do presidente do Parlamento e destacada militante do PP dentro do seu comité ético- ou a Fundación San Rosendo –fundada por unha persoa condenada por estafa a unha anciá- non son os únicos exemplos da inmoralidade, ilegalidade e falta de ética do sistema residencial galego”. Advertiu que “grupos como DomusVi están estreitamente vencellados ao PP, como San Rosendo e outras privadas.

Alertou de que a pandemia ten desvelado “unha verdade dura, triste e francamente indignante, a da falla de medios axeitados, en demasiados casos, e incluso de dignidade, en moitos” cos que viven os maiores galegos nas residencias de Galicia.

Espeluznante

Cualificou a situación descrita polo responsable de Rede de “espeluznante de conivencia, non inspección e deixación de funcións por parte da Xunta de Galicia” logo de ter sido alertada tanto polos usuarios como polo propio Consello de Contas. O ente fiscalizador alertaba en 2017 de incumprimentos en materia de persoal, uso inadecuado das instalacións, deficiencias nos protocolos de funcionamento, ou falla de rigor nos rexistros.

Sinalou que se trata dun “problema grave derivado dunha tendencia extrema á privatización dos servizos xeriátricos, que nos sitúa á vangarda de España neste eido, xunto coa comunidade de Madrid. Actualmente o 80 por cento das prazas son privadas, e a metade do 20 por cento restante son concertadas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41