Categorías: Actualidade

Educación, investigación e mecanismos de control, claves para o PSdeG na reforma da Lei que introduce a dixital como unha forma máis de violencia machista

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Noa Díaz, salientou que a futura reforma da Lei galega contra a Violencia de Xénero, que introduce a violencia dixital como unha forma máis de violencia machista, incorpora emendas do PSdeG que melloran en boa medida o propósito inicial, introducindo cambios relacionados coa investigación, a sensibilización, a educación e mecanismos de control.

Así o dixo no debate desta reforma, que foi aprobada hoxe en Comisión e queda pendente da aprobación definitiva no Pleno do Parlamento. A proposta socialista incorpora un novo punto para que a Xunta impulse acordos coas plataformas de Internet para establecer criterios e mecanismos de denuncia e retirada destes contidos. Esta medida forma parte das 4 emendas do Grupo Socialista que finalmente foron aprobadas dun total de 5 presentadas.

A proposta que non foi aceptada, explica, foi subsumida nunha autoemenda do PP finalmente incorporada que matizar que esta violencia “non ten que exercerse de forma sostida e repetida no tempo”, tal e como se evidenciou no recente “terrible caso da Maruxaina”.

Ademais, o PSdeG introduciu no articulado da Lei que se potencie a investigación sobre a violencia dixital, así como o impulso de actividades dirixidas á comunidade escolar para a prevención de comportamentos e actitudes sexistas e da violencia de xénero cunha especial atención ao ámbito dixital. Tamén incorporaron “que se poña o foco neste tipo de violencia nas campañas de sensibilización e formación da poboación xuvenil na prevención e identificación destas actitudes”.

Díaz advertiu que “lamentablemente, a violencia machista muta cos tempos e ten unha terrible capacidade de adaptación para perpetuar o control sobre as mulleres, e por iso é necesario avanzar en novas formas de protección”. Apunta que “as tecnoloxías da información e a comunicación e os novos modos de comunicarnos foron invadindo todo, e temos que ser conscientes de como permiten exercer unha violencia que ten unha enorme proxección e difusión, pero que desgraciadamente non é percibida como tal”.

Concluíu sinalando que “agora é necesario que unha vez tipificada esta violencia, traballemos tamén na prevención e na pedagoxía”. Engadiu que “consideramos necesario  acompañar esta Lei da posta en marcha de plans ambiciosos de sensibilización e información para identificar estas novas figuras de violencia de xénero dixital e previr a súa aparición, así como para ofrecer recomendacións e recursos para obter a axuda precisa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18