Categorías: Actualidade

Dragaxe e limpeza do río que anegou Viveiro

A deputada socialista Patricia Otero anunciou hoxe unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que elabore, antes de marzo de 2019, un Plan de Riscos de Inundación do río Xunqueira. Urxe ademais a rexenerar e dragar a zona afectada e desatrancar de árbores a zona superior da canle, que esta fin de semana anegou o barrio de Xunqueira, na localidade luguesa de Viveiro.

A responsable socialista alude ás advertencias reiteradas pola asociación Valdeflores, de Xunqueira, que tódolos anos alerta á Consellería de Medio Ambiente reclamando a limpeza do río antes dos temporais de outono. Advirten así do risco de atranco das pontes e inundacións pola cantidade de maleza e árbores que fican río arriba, e que esta fin de semana provocaron o desbordamento do río.

Os problemas iniciáronse río arriba, explica, porque o Goberno concede permisos para a tala de árbores vadeando os ríos sen preocuparse do “estropicio” que deixan nas canles dos ríos e as pistas cheas de biomasa. A situación é tal, advirte, que de repetirse o fenómeno meteorolóxico da pasada fin de semana “volveremos a ter o mesmo problema que aquela noite”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18