Categorías: Actualidade

Discriminación política: A Xunta destina 0 euros dos Orzamentos 2021 a Pontecaldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, e a viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Paloma Castro, reuníronse hoxe en Ponte Caldelas para valorar as desigualdades que presentan os orzamentos da Xunta de Galicia cos concellos galegos. A parlamentaria socialista sinalou ao Concello como exemplo da discriminación política da Xunta aos concellos de distinta cor política, cun investimento directo de “cero euros” nas contas para 2021.

O alcalde da localidade explicou que a Xunta leva máis de seis anos sen facer ningún investimento en Ponte Caldelas e, o que levou a cabo na PO-234, era unha promesa que xa lle fixeran ós exalcaldes Fidel e Perfecto Rodríguez e ó propio Andrés Díaz e que se materializou gracias a que os veciños de Laxoso e Augasantas se organizaron nunha plataforma e se manifestaron ata en dúas ocasións para reivindicar a tan necesaria mellora do vial.

En materia de saneamento, a última rede que se conectou no municpio foi na Reigosa, fai seis anos. “A carencia de rede saneamento na maior parte dos núcleos do rural é a principal eiva para a que se demanda investimento da Xunta”, explicou Díaz á viceportavoz socialista, e indicoulle que Ponte Caldelas reclama o saneamento para os lugares de Laxoso, A Fraga, Caritel, Forzáns, Aluncía, Esfarrapada, Anceu, Barbudo, Rebordelo, Regodobargo, Chaín, A Insua, A Roca, Coveliño, Parada, Contixe, Mirón, A Pousa, A Sorreira, Portasouto, Baltar (terceira fase) e Avecil-Cuñas (terceira fase).

“Os orzamentos da Xunta discriminan ós concellos de distinta cor política, e Ponte Caldelas é un exemplo claro, cun investimento directo de 0 euros. Por iso dende o PSdeG exisimos á Xunta que goberne para todos”, indicou Castro.

Hoxe Díaz e Castro reunínrose ante a Casa da Quintán, unha vivenda que a Fundación Sálvora cedeu á Xunta de Galicia e que na que o Concello de Ponte Caldelas propón a apertura dun Centro de Día público para persoas maiores. A Casa da Quintán está totalmente equipada para poñerse en marcha prácticamente a custo cero e, sen embargo, a Xunta de Galicia prefire tela pechada en lugar de ofrecer un servizo tan necesario e imprescindible no rural galego.

Ponte Caldelas tamén reclama apoio para o mantemento da Área Arqueolóxica de Tourón e unha partida orzamentaria concreta para a conservación dos petróglifos, a reparación dos valados e dos paseos construidos en madeira en cada unha das estacións, así como para o mantemento do Centro de Interpretación.

A reparación e posta en valor dos pasos tradicionais de Taboadelo, sobre o río Verdugo; ou a actuación de ornato interior e adecuación do Centro de Saúde son outras son outras das demandas que se reclaman dende Ponte Caldelas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08