Categorías: Actualidade

Desleixo de Xunta e Concello de Sanxenxo contra a invasión de cortadera no Polígono de Nantes

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamou hoxe a intervención do goberno galego para erradicar a invasión de herba da pampa ou cortadera no Polígono de Nantes, en Sanxenxo. A responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Medio Ambiente de hoxe na que alertou do desleixo tanto do goberno galego como do Concello.

Sinalou que concellos e particulares “toman medidas para erradicar” esta invasión, e apuntou a que “Medio Rural ten un folleto con recomendacións prácticas para a prevención, control e eliminación dos plumachos, mais o folleto da Consellería aínda non debeu de chegar ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, porque no Polígono de Nantes non se ten feito nada de nada”.

Amosou a súa sorpresa polo “descontrol” por parte do goberno galego fronte a esta especie, xa que mesmo descoñece o seu nivel de expansión a pesares de que o Parlamento teña aprobado xa en dúas ocasións, en 2010 e 2013, sendas iniciativas para reclamar un plan inmediato de erradicación e control da especie e prohibir o seu uso ornamental.

A pesares destas boas intencións, o executivo amósase “inoperante” neste estremo, visto que “é doado adoptar un mar de plumachos cando se viaxa por Galicia”, e a pesares de que a Xunta falara en 2015 de subvencións ás entidades locais “o certo é que media Galicia segue en guerra contra a herba da Pampa.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08