Categorías: Actualidade

Desleixo da Xunta para frear os abusos dos intermediarios do leite

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, instou hoxe ao goberno galego a “atar en curto” aos intermediarios do sector do leite que operan entre os produtores e a industria. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na que alertou da actuación destes primeiros compradores que provocan indefensión nos gandeiros ata o punto de provocar o abandono de explotacións por falla de rendibilidade.

Pérez Seco explicou que nestes momentos operan en Galicia en torno a 50 empresas intermediarias entre a explotación e a industria, alterando o comportamento da produción láctea en Galicia. A pesares do compromiso da Consellería de regular a súa actividade, anunciado en 2015, o certo é que estes continúan actuando libremente, provocando o peche de explotacións e reducindo considerablemente o terreo cultivado e provocando o abandono do rural.

A súa presenza, comprándolle aos gandeiros e vendendo ás industrias transformadoras, supón a incorporación dun eslabón máis na cadea de valor, recortando aínda máis os prezos que perciben os produtores, cando non os poñen directamente ao límite ao deixar sen pagar o produto. Explica que estes intermediarios “carecen de garantías suficientes para os produtores”, xa que “non teñen que depositar ningún tipo de aval para o produto que moven”.

A intervención dos intermediarios cobrou importancia nas últimas datas sinaladamente polas denuncias dos gandeiros por impagos, obrigando a recorrer aos aforros ou endebedarse para facer fronte aos custes de produción. Ademais, as cooperativas vense afectadas ao perder capacidade de negociación do prezo do leite, véndose obrigadas á súa vez a dispor de capital para pagarlles aos socios e impedindo facer investimentos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18